Plan Proxecta: Mestres Gandeiros

"Vaca de moitos, ben muxida e mal mantida"

Mestres Gandeiros

Esta semana contamos coa presenza de Manuel Alberto Gómez, profesor na Facultade de Economía e Empresa da Universidade de Coruña, quen explicou ao alumnado de 3º da ESO os diferentes tipos de bens (privado, común, público...) e incentivou a toma de conciencia sobre a necesidade de facer unha xestión sostible dos bens comúns (peixerías, montes, pastos...). Fíxose dunha maneira lúdica e atractiva para o público adolescente, establecendo conexións e paralelismos entre a ciencias económicas e o fantástico Universo cinematográfico Marvel!

Buzón de convivencia inspirado no benestar rural

Mestres Gandeiros

O edificio de educación Infantil e Primaria xa conta con buzón de convivencia. Foi deseñado polo alumnado de 5º de Primaria quen se inspirou no benestar que nos achega o contacto coa natureza e co noso rural en particular. Trátase dun eloxio ao coidado do medioambiente, pois está fabricado con materiais de refugallo; así como á “vaca”, animal protagonista da nosa paisaxe e a cal lle debemos moito da nosa gastronomía. Bo traballo chic@s!

Marcapáxinas de animais de granxa

Equipo de Biblioteca  Mestres Gandeiros

Este mes nos obradoiros da biblioteca practicamos papiroflexia facendo uns marcapáxinas moi divertidos inspirados en animais que podemos atopar en calquera das nosas granxas. Quedaron moi chulos! 

Encontros interxeracionais

EDLG   Mestres Gandeiros

Nesta semana, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitou o centro de día de Friol para ter uns encontros interxeracionais cos usuarios de dito centro, grazas á colaboración coa asociación AFALU. Estes encontros serven de base para que o noso alumnado interactúe cos maiores do pobo de Friol e intercambien experiencias sobre distintos temas a tratar nas épocas tanto do propio alumnado como dos usuarios do centro de día. Así, na visita dos nenos e nenas de 5º de educación primaria o tema a tratar foron os dos xogos en cada época, mentres que os de 6º de primaria tiveron como temática principal os traballos no campo.

Estas xornadas continuaran no presente mes coa visita do alumnado de 1º e de 2º da ESO, que tratarán temas como a diferencia da socialización entre ambas épocas e tamén sobre aspectos como era a vida escolar antano e na actualidade segundo os seus protagonistas.

Obradoiro de artesanía alimentaria

Ed. Primaria

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria participou nun obradoiro sobre artesanía alimentaria, a cargo da asociación galega de dita nomenclatura, que estivo ao longo de toda a mañá co alumnado citado. O obradoiro consistiu na elaboración dun queixo do Cebreiro por parte do alumnado, que estivo dirixido por cociñeiro experto neste tipo de eventos, e tamén na concienciación dos produtos de denominación de orixe da nosa comunidade a través duns xogos que lles expuxeron unhas monitoras.

Para a organización deste obradoiro, dividiuse o alumnado en dous grupos, que foron rotando para que todo o alumnado puidese ser partícipe desta actividade.

Espantallos e cabazas terroríficas no Samaín

Maria Alonso González

Este ano dende o Plan Proxecta “Mestres Gandeiros” queremos enxalzar os labores no agro, e que mellor que comezar coa festa do Samaín, en cuxa orixe celta celebraba o remate da colleita anual. Por iso traballamos sobre a figura dos espantallos nas nosas leiras e fixemos uns moi arrepiantes que protexeron as cabazas aterradoras das nosas familias!! Non só os paxaros se asustarán con eles!!

Distribuir contido