Campionato galego de pista cuberta. Ourense

Powered by emaze

Felipe Barata

Gran actuación da nosa alumna Nerea Montes no Campionato Galego de pista cuberta, disputado en Ourense, no que era o seu debut nunha proba deste nivel. Nerea participaba na disciplina dos 60 metros valos e tiña unha sobresaliente actuación, xa que se facía coa sétima posición da xeral.

Xa na proba semifinal lograba batir o seu mellor rexistro persoal cun tempo 10.88 segundos, o que lle daban acceso á final. Nesa final obtería a sétima posición final.

Tamén tiveron unha gran actuación os ex alumnos do colexio María Carballido, que se proclamaba campioa galega dos 800 metros lisos, Cristian Montecelo, que era quinto na mesma proba, e Nerea Lage, que conquería a oitava posición na proba dos 1.500 metros lisos.

2ª Xornada Copa Deputación de Lugo

Felipe Barata

A segunda xornada da Copa Deputación de atletismo para o presente ano disputouse o pasado 6 de marzo e tivo como nota característica o debut competitivo dos nenos e nenas da categoría sub 14, que despois dun ano sen competir a causa da pandemia mundial do Covid-19, tiveron a oportunidade de volver a desfrutar do seu deporte a nivel oficial.

Un total de 11 atletas desta categoría estiveron presentes neste evento, no cal a máis destacada sería Noa Mouriz, que lograba a terceira posición no concurso de salto de lonxitude cun mellor salto de 4.00 metros. Polo que respecta á proba dos 1.000 metros lisos, Oihane Gómez conquería a cuarta posición, mentres que as súas compañeiras de equipo, Mara Montes e Ariadna Paz, entraban na décimo cuarta e décimo sexta posición respectivamente. Por último, Uxia Platero facíase coa décimo novena posición nesta mesma carreira.

En canto ós nenos, Mateo Villar facíase co sétimo posto na proba dos 1.000 metros lisos, mentres que Ramón Loureiro era undécimo e Samuel Villar, décimo cuarto. Na proba do salto de lonxitude, Mateo Sánchez era décimo oitavo e Paulo Maneiro, vixésimo sexto. Por último, no lanzamento de peso da categoría sub 16, Ánxela Maneiro era quinta.

Tamén competiron os atletas da categoría absoluta, tendo uns resultados moi bos, xa que Cristian Montecelo gañaba a proba dos 1.500 metros lisos cun tempo final de 4.16 minutos, mentres que María Carballido tamén se impoñía na proba dos 1.500 metros lisos cun crono de 4.58 minutos. Nerea Lage facíase coa terceira posición na mesma proba. O profesor Nemesio Gutiérrez era quinto na súa serie dos 1.500 metros lisos.

Campionato Galego de Pista Cuberta

Felipe Barata

Despois dun ano de ausencia por causa da pandemia do Covid-19, o equipo de atletismo do Colexio volveu a unha competición. Foi a través da alumna Nerea Montes, que tomou parte na 1ª Xornada da Copa Deputación de Lugo, na cal Nerea participaba nas probas de 60 metro valos e 60 metro lisos.

Nerea tivo unha boa actuación, xa que lograba a segunda posición na carreira dos 60 metro valos, cun tempo de 11.11 segundo, mentres que conquería a sétima posición na distancia dos 60 metros lisos.

Un día despuis acudía á Campionato Galego de Pista Cuberta que se celebraba en Ourense, onde se facía coa sétima posición nos 60 metros valos e era vixésima nos 60 metros lisos.

Día da Paz 2021

Ofrecemos o vídeo que recolle o acto da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2021 no noso centro.

25N INFANTIL FRIOL

Patricia Prieto

Para conmemorar o 25 de novembro deste curso, nas aulas de infantil propuxémonos pensar formas de tratarnos ben, para loitar así contra a violencia e o maltrato. Velaquí un vídeo con todas as aportacións dos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.

Aproveitamos a ocasión para felicitarvos o Nadal e desexarvos un boa entrada no 2021.

Día internacional contra a violencia de xénero

Beatriz Busto

O alumnado de ESO traballou no Día internacional contra a violencia de xénero en varias actividades de reflexión e concienciación. Representáronse diversas situacións que se adoitan a normalizar na vida diaria, traballando, deste xeito, diferentes micromachismos que existen na sociedade. Ademais, fíxose unha reflaxión sobre as raíces dos piropos e a intencionalidade dos mesmos, así como os graos de aceptación dos disitntos tipos para rapaces e rapazas.

Os alumnos participaron nunha performance. Aquí vos mostramos algúns dos memes nos que estiveron traballando.

Concurso de Creación Literaria 2020

Teresa Estévez

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2020, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un Concurso de Creación Literaria dirixido ao alumnado do CPI Dr. López Suárez de Friol.

Tendo en conta a situación, tan especial, que nos tocou vivir nestas datas, quero agradecer a todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) a colaboración coa que contamos para o desenvolvemento desta actividade. Así mesmo, na reunión do xurado para dar a coñecer o seu fallo, acordouse outorgar un premio espacial aos grupos de 4º e 5º de Educación Infantil polo prolífico da súa participación. Graciñas a todos/as!

Sen máis dilación pasamos ao que interesa:

Os gañadores/as do Concurso de Creación Literaria 2020 son:

Parabéns a tod@s!!!

Distribuir contido