Discosmos

Sabela Quiroga

Dende o Departamento de Plástica e Física e Química montamos un vídeo coas alumnas de terceiro en colaboración cos de cuarto. Esperamos que vos guste.

Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona

Felipe Barata

O venres 10 de xuño chegou ó noso colexio un dos momentos máis esperados polos nenos de educación infantil e educación primaria, xa que tivo lugar o concerto da afamada banda musical "Uxía Lambona e a Banda Molona", que en algo máis dunha hora de concerto repasou todo os seus éxitos que fixeron as delicias do noso alumnado, que por un día compartiu vivencias cos nenos e nenas do Punto de Atención a Infancia, que tamén estiveron presentes neste concerto, no que, por outra parte, foi posible gracias á colaboración do Concello de Friol. A ledicia e a emoción estiveron presentes en cada un dos temas que foron debullando e que invitaba a coreografiar cada unha das cancións que amenizaba dita banda.

Actividades de piragüismo

Felipe Barata

 O pasado venres 3 de xuño, o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria, ademais do de 1º e 2º da ESO, tiveron unha xornada de iniciación ó piragüismo no rio Miño en Lugo. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio, no que o obxectivo principal é poder ofertar a maior divesidade de actividade física para os nosos nenos e nenas.

A actividade de piragüismo consta dunha fase teórica, que xa se celebrou no mes de Abril, e doutra fase práctica, onde o alumnado proba os distintos medios acuáticos deste deporte, como poden ser a canoa, o kayak, o dragón ou o paddle surf. Como en anos anteriores, os nenos e nenas do noso colexio desfrutaron dunha excelente matinal de deporte na natureza e esperemos e desexamos que para o vindeiro curso volvamos de novo a realizar esta actividade que contou coa colaboración do Club de Piragüismo Cidade de Lugo, ó cal lle agradecemos o interese e profesionalidade en levar a cabo ditas xornadas.

Campionato Galego Sub 14 e Sub 12. Lugo

Felipe Barata

Gran actuación dos nosos nenos e nenas no Campeonato Galego sub 12 e sub 14 disputado en Lugo e no cal tomaron parte 7 atletas que se clasificaron nas fases previas para chegar á cita máis importante do calendario atlético da presente tempada.

Así, a gran protagonista da xornada era Antía Iglesias, que conseguía a medalla de  prata, e polo tanto o subcampionato galego, no lanzamento de disco, cun mellor tiro de 23.84 metros. Mateo Villar tamén facía unha gran carreira na disciplina dos 2.000 metros lisos e conquería a cuarta posición cun tempo de 6.51 minutos. Pola súa parte, Oihane Gómez tamén conseguía o posto de finalista o rematar no quinto posto nos 80 metros valos cun tempo de 15.58 segundos.

Pola súa parte, Manuel Folgueira remataba no décimo posto no lanzamento de disco, mentras Alba Menán era décimo terceira nos 3.000 metros marcha.

Por último, as nenas da categoría sub 12, Susana López e Sofía López, remataban na sétima e na oitava posición respectivamente dos 60 metros lisos.

Exposición de xoguetes antigos no MIHL

Javier Sanjurjo

O venres, 27 de maio, os/as alumnos/as de 3º e 4º de Primaria visitaron a exposición Así xogabamos, unha mostra de xoguetes antigos, no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo). Primeiro asistiron a proxección dun vídeo sobre os xoguetes ao longo da historia para pasar, seguidamente, a ver a exposición na que poideron ver en diferentes vitrinas unha serie de xoguetes correspondentes a distintos momentos da nosa historia máis recente.

Escursión A Coruña

Javier Sanjurjo

O día 24 de maio, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria participou nunha excursión á A Coruña na que visitaron o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e o Acuario. No MUNCYT fixeron un percorrido por distintas salas nas que tiveron ocasión de coñecer coa axuda dun guía, distintos aparellos e máquinas que foron importantes ó longo da historia, e tamén algúns inventores. Tamén viron parte dun avión e o interior da cabina. Chamoulles moito a atención.

Despois do almorzo no MUNCYT, dirixímonos á Torre de Hércules para ir, dende alí, camiñando ata o Acuario , onde chegamos ás 15:30. Entre outras zonas, visitamos a Sala Nautilius onde contemplamos o fondo mariño coma se estivésemos no interior dun submarino. Queríamos ver a Gastón, o famoso tiburón toro, pero estaba agochado polo que case non o vimos. Máis tarde, a rapaza que nos acompañou durante a visita, gravou un vídeo no que se podía ver a Gastón. Tamén visitamos a zona das focas, ás que lles estaban dando de comer.

Visita ó Castro de Viladonga

Javier Sanjurjo

O pasado día 18 de maio, o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou o Museo e o Castro de Viladonga. Despois de ver un breve vídeo sobre a historia do Castro, tiveron uns minutos para ver as distintas pezas arqueolóxicas expostas no Museo. A continuación, xa no Castro, asistiron ó espectáculo O xardín do vento, da compañía Cal e Canto.

 O xantar foi na área recreativa de Santa Isabel, en Outeiro de Rei. Antes de regresar ó colexio, fixemos unha parada en Penas de Rodas.

Concerto da Tradescola

Carolina Vázquez

Hoxe a música tradicional encheu o noso patio con canto, baile e a sonoridade de diversos instrumentos. Grazas ás mestras/es da Tradescola, recoñecemos o corpo e a voz como uns valiosos instrumentos, mais tamén instrumentos de vento, corda e percusión.

Todo o alumnado e profesorado de Infantil e Primaria queremos agradecer o que nos ensinaron e o xeito entusiasta e agarimoso de facelo. Longa vida á música tradicional!.

Branca Villares; voz, pandeireta e bombo.

Germán Díaz: zanfona

Lucía Eiros: gaita e clarinete

Xavier Iglesias: baile, tamboril, tarrañolas, castañolas, cunchas e acordeón.

Obra de teatro "Valente e Rebelde"

O pasado 30 de maio os nenos e nenas de Educación Infantil, ademais do alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, asistiron a unha representación teatral do grupo Trémola Teatro, englobada dentro da serie de actividades polo fomento da igualdade de xénero. A obra, que levaba por título Valente e Rebelde, trataba está temática a través dos debuxos dos personaxes favoritos da protagonista, chamada Anita, e que a través de moitas aventuras, xogos e disfraces demostraba que era mellor ser Valente e Rebelde. Esta obra estivo organizada en colaboración co Concello de Friol.

Distribuir contido