Obra de teatro "O Home do Saco"

Mª do Carme Pernas

O alumnado de 3º da ESO fixo o pasado mércores 2 de novembro unha representación para todo os seus compañeiros de Educación Primaria e de Secundaria dun dos persoaxes máis significativos do imaxinario fantástico do noso pobo, O Home do Saco.

Baseado nunha obra do escritor mindoniense Antonio Reigosa, a obra dividíase en 3 actos curtos, onde o alumnado de 3º da ESO facía unha parodia teatralizada sobre a figura do Home do Saco.

Visit á exposicion "AI: MORE THAN HUMAN". A Coruña

Depart. Tecnoloxía

O 17 de outubro, o alumnado de 3º e 4º de ESO visitou a exposición AI: MORE THAN HUMAN, no espazo Afundación.

Achegáronse ós avances, tanto creativos como científicos, da intelixencia artificial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía.

Plástica 1º e 3º Primaria. Halloween.

Antolín Martínez

O alumnado de 1º e 3º de Ed. Primaria traballou o tema do medo mesturando o traballo lingüístico e artístico en Plástica, enmarcado dentro das actividades de Halloween.

Fotos Samaín

O noso colexio xa está celebrando o Samaín e nesta semana. Ademais da decoración propia desta data, tamén se expuxeron as cabazas que trouxeron os nosos nenos e nenas para ambientar o colexio e tamén para tomar parte no concurso que tradicionalmente fai o Equipo de Biblioteca.

O que segue é unha mostra do traballado realizado conxuntamente polo profesorado e polo alumnado do noso colexio.

Charla Plan Director sobre ciberseguridade.

 

O pasado día xoves 27 de Outubro tivo lugar na biblioteca do centro a II Xornada englobada dentro do Plan Director programada no noso centro educativo. Nesta ocasión o tema da mesma estivo plantexada sobre ciberseguridade e redes sociais, un tema moi importante a traballar co alumando adolescente e preadolescente. Estivo moi interesante e esperemos sexa de proveito na súa formación.

Día da Biblioteca

Antolín Martínez

Cada 24 de outubro, desde 1197, celébrase o Día da Biblioteca co fin de concienciar a sociedade da importancia das bibliotecas. O lema, impuldado polo Ministerio de Cultura e Deporte, deste ano é Bibliotecuida, co gallo de destacar o papel das diferente tipoloxías de bibliotecas como espazos abertos e multidisciplinares que se preocupan por antender as necesidades dos seus usuarios. Os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria crearon un pequeno vídeo conmemorativo.

Cross de Santiso

Felipe Barata

O pasado sábado 22 de 0utubro disputouse en Visantoña (Santiso) a X Edición do Cross de Santiso, que contou coa presencia dunha nutrida representación de nenos e nenas do noso club de atletismo do Colexio de Friol e na cal se conseguiron varios pódiums. A proba contou cun alto nivel organizativo, nunha xornada que estivo marcada pola choiva.

Así, na categoría sub 10 feminina, Sabela Sánchez lograba a vitoria, mentres que Maria Santos entraba en terceira posición e a súa compañeira de equipo, Ada Ceide, era cuarta. Pola súa parte, na categoría sub 12 feminina, Sofía López e Susana López ocupaban a segunda e terceira posición respectivamente, mentres que Mariña Aguiar conseguía o quinto chanzo do pódium.

Xa na categoría sub 14, Martín Díaz conquería a terceira posición, mentras que Mateo Villar era cuarto e Hugo Ferro, quinto. Borja Arias era sexto, Alexander Macías sétimo e Roi Andón, oitavo. Polo que respecta á categoría sub 16 feminina, Aldara Ceide gañaba a carreira e Mara Montes era segunda. Por último, na categoría masculina, Ramón Loureiro era o gañador e Samuel Villar, ocupaba o segundo lugar do pódium.

Charla sobre nutrición para xoves deportista

Ed. Física

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, así como o de toda a ESO, asistiu a unha moi interesante conferencia sobre Nutrición para xoves deportistas, que tivo lugar no Centro Socio Cultural de Friol e que foi impartida pola nutricionista Marta Pérez.

Esta charla enmárcase dentro do proxecto Baloncesto no Rural, que está organizado pola Fundación Breogán, en colaboración con noso colexio, e tivo como temática os nutrientes e unha dieta equilibrada, así como os almorzos e merendas saudables, ademais dunha correcta alimentación pre e post exercicio e tamén os mitos que hai arredor da alimentación.

Instalación no noso centro dun parque infantil

Felipe Barata

No presente curso escolar contamos cunha nova instalación para o tempo de lecer dos máis cativos e cativas, un parque infantil que se instalou na zona posterior á biblioteca, grazas ós fondos aportados pola Consellería de Educación e grazas ás xestións do Concello de Friol.

Este parque cubre así unha demanda importante desta etapa educativa para atender o tempo de lecer dende un enfoque pedagóxico, ademais de ser un elemento máis de mellora arquitectónica do noso centro escolar.

Baloncesto no Rural

Felipe Barata

  O noso colexio e a Fundación Breogán, a través do patrocinio do Concello de Friol, ven de organizar a primeira xornada de adestramendo incluído dentro do programa Baloncesto no Rural, no cal tomarán parte o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Esta actividade está orientada ó coñecemento e práctica dos principios e fundamentos do deporte no baloncesto, e os nenos e nenas que tomen parte en dita actividade tamén contarán coa presencia de destacados xogadores do primeiro equipo do Breogán de Lugo, contando tamén coa presencia nalgún adestramento da mascota do mesmo club, ademais de poder asistir en directo a un encontro de dito club. A actividade durará o primeiro trimestre.
Distribuir contido