AXUDAS LIBROS, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-2020

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR

(CURSO 2019-2020)

 AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO:   1º e 2º  PRIMARIA

AXUDAS FONDO SOLIDARIO:  3º, 4º, 5º e 6º  PRIMARIA  –  1º, 2º, 3º e  4º  ESO

AXUDAS  MATERIAL ESCOLAR:  PRIMARIA   E  SECUNDARIA

 HORARIO DE SECRETARÍA  PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DAS AXUDAS:  DE 10:30 A 13:00 HORAS

FIN DE PRAZO: 21 DE XUÑO DE 2019 (INCLUSIVE)

ÚNICAMENTE O ALUMNADO QUE REPITA 4º DE ESO TERÁ QUE PRESENTAR A SOLICITUDE NO MES DE SETEMBRO, UNHA VEZ QUE LLE DEN AS NOTAS, DATA LÍMITE: 30 DE SETEMBRO DE 2019

A solicitude cuberta (ANEXO I do DOG do 20-05-2019 ), e toda a documentación (orixinal e copias),  deberán presentala no centro.

-         RENTA PERCÁPITA MÁXIMA PARA AXUDA LIBROS E FONDO SOLIDARIO: 9.000 EUROS 

-         RENTA PERCÁPITA MÁXIMA PARA AXUDA MATERIAL ESCOLAR: 5.400 EUROS

TODO AQUEL  ALUMNADO QUE Ó FINALIZAR O CURSO 2018/2019  (DATA LÍMITE: 15  DE XUÑO)  NON DEVOLVA OS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO, ASÍ COMO OS LIBROS ADQUIRIDOS COS VALES,  NON TERÁ DEREITO ÁS AXUDAS.  (EXCEPTO O ALUMNADO QUE ACTUALMENTE CURSA 1º e 2º DE PRIMARIA PORQUE SON FICHAS ESCRITAS, E O ALUMNADO QUE SE EXAMINA EN SETEMBRO QUE DEVOLVERÁ OS LIBROS O MESMO DÍA QUE SE EXAMINE)

A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA PARA TODOS OS FILLOS E DEBERÁ ESTAR DEBIDAMENTE CUBERTA E ASINADA.

Toda a información que precisen a encontrarán na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.es

REUNIÓN ROBÓTICA COAS FAMILIAS

Estimadas familias:

Dende o "Equipo de Robótica" do CPI A Cañiza queremos invitaros a un encontro na Biblioteca de primaria, mañá Martes 21 de Maio, de 5 a 7 da tarde, para expor o traballo que estamos levando a cabo cos vosos fillos/as a través da robótica (Pensamento computacional) integrada nas distintas materias.

Asi mesmo realizaremos, se o tempo o permite, algún taller práctico para que vexades as posibilidades da robótica como recurso educativo.

Esperamos contar con vós.

Un saúdo.

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO NOVO INGRESO 4º INFANTIL CURSO 2019-2020

Día Das Letras Galegas

O vindeiro 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano esta adicado a Antón Fraguas. No seguinte video tedes información sobre a vida e obra do autor homenaxado.

  

Se premes na imaxe accedes a recursos para traballar o autor:Actividades en liña, fotos, material fotocopiable, xogos, etc.

SAÍDA AUDITORIO

Dentro das propostas de Dinamización Lingüística do Concello da Cañiza, mañá, martes 30 de Abril, as alumnas/os de Primaria asistirán no auditorio da Casa de Ccultura á actuación do mago Pedro Bugarín, onde ademais de gozar coa actuación deste extraordinario mago, cada nena/o recibirá como agasallo o libro editado polo propio Concello da Cañiza: "O SANTUARIO DA FRANQUEIRA", do autor homeaxeado este ano 2019 nas Letras Galegas Antón Fraguas.

Asimesmo, os alumnos/as de Infantil visitaron hoxe, 29 de Abril, a biblioteca municipal, onde celebraron o aniversario da mascota "Xamonciño" e gozaron cos relatos dun contacontos.

MENU COMEDOR MAIO 2019

BOLSAS PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED333A).

 

BDNS (Identif.): 450635.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no exterior e que cumpran os requisitos contemplados no artigo 3 da devandita orde.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen (100) bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar un ciclo de grao superior de formación profesional sostido con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED333A).

Cuarto. Importe

Destinarase, con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.422M.480.1, un total dun millón de euros a estas axudas para cen (100) bolsas, cunha contía de 10.000 euros cada unha. A dotación total da bolsa por ano é a seguinte:

a) 300.000 euros no ano 2019.

b) 500.000 euros no ano 2020.

c) 200.000 euros no ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de 45 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 23.59 horas (hora peninsular española) do día en que finalice o dito cómputo.

NAVEGANDO POR EL UNIVERSO

Estos dos últimos días los alumnos de Infantil y Primaria han podido disfrutar de un viaje por el universo de la mano de Íñigo de la Quadra- Salcedo dentro de un planetario móvil de última generación. Así, han descubierto el Universo y las galaxias, el movimiento de las estrellas, de los planetas y los satélites más importantes que integran nuestro sistema solar.

SEMANA SANTA

A dirección e o claustro de profesores do CPI da Cañiza desexa á Comunidade Educativa felices festas de Semana Santa.

Ata a volta.

Distribuir contido