COMEDOR ESCOLAR 2019-2020

DOCUMENTACIÓN SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR

ALUMNADO CURSO 2019-2020

 

HORARIO DE ATENCIÓN DE 10:30 HORAS A 13:00 HORAS (NON COLLAN NÚMERO) SE ATENDERÁ POR ORDEN DE CHEGADA

 

 

-         UNHA ÚNICA SOLICITUDE PARA TODOS OS IRMÁNS, DEBIDAMENTE CUBERTA E ASINADA

 

 

DEBERÁN TRAER A DECLARACIÓN DA RENTA DO ANO 2018. SE NON ESTÁN OBRIGADOS A FACER A DECLARACIÓN DA RENDA PERO TEÑEN INGRESOS, DEBERÁN TRAER OS INGRESOS DO ANO 2018  

 

 

-         SE ALGÚN MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR TEN MINUSVALÍA IGUAL OU SUPERIOR Ó 33% TEN QUE APORTAR A DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE.

 

 

-         PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  DO 13 Ó 28 DE XUÑO DE 2019 (AMBOS INCLUSIVE)

 

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Xúntase as listaxes correspondentes ao disposto no artigo 17.6 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 20/2/2019), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 17.4 desta Orde de convocatoria.

Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Ábrese un prazo de 5 días naturais para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellería de Educación, a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario, a seguinte documentación:

1. Aceptación ou renuncia á axuda (anexo III da Orde de convocatoria).

2. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado no menú "3. Estado da solicitude" da páxina web do programa. Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior. A non xustificación do ingreso da cantidade indicada dentro do prazo implica a renuncia á praza adxudicada.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2019

O SUBDIRECTOR XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA E FORMACIÓN DO PROFESORADO.

Inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week para o ano 2019

Publicada a Orde do 8 de maio de 2019 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Solicitudes

Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.

  • O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 1 de xullo de 2019.
  • http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20190523_englishweek_extracto.pdf

CONMEMORACIÓN LETRAS GALEGAS 2019

Este ano para celebrar o día das Letras Galegas, na Biblioteca fixemos unha Xincana literaria na que xogamos a ser detectives, onde participou todo o alumnado de Infantil e Primaria.

AVISO URXENTE

Ante un posible brote de piollos, recomendamos tomen as medidas oportunas.

Grazas.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os días 28 e 29 de maio de 2019 realizaranse as probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria, segundo a Resolución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

A avaliaciòn individualizada ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

AVALIACIÓN FINAL DE ESO

Os días 28 e 29 de maio de 2019 terán lugar as probas de avaliación final de ESO, segundo a Resolución do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

A avaliación final de ESO terá finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo. Valorará o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica.

O DÍA 5 DE XUÑO A SECRETARÍA DO CENTRO NON PODERÁ ATENDER AS AXUDAS DOS LIBROS

AXUDAS LIBROS, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019-2020

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR

(CURSO 2019-2020)

 AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO:   1º e 2º  PRIMARIA

AXUDAS FONDO SOLIDARIO:  3º, 4º, 5º e 6º  PRIMARIA  –  1º, 2º, 3º e  4º  ESO

AXUDAS  MATERIAL ESCOLAR:  PRIMARIA   E  SECUNDARIA

 HORARIO DE SECRETARÍA  PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DAS AXUDAS:  DE 10:30 A 13:00 HORAS

FIN DE PRAZO: 21 DE XUÑO DE 2019 (INCLUSIVE)

ÚNICAMENTE O ALUMNADO QUE REPITA 4º DE ESO TERÁ QUE PRESENTAR A SOLICITUDE NO MES DE SETEMBRO, UNHA VEZ QUE LLE DEN AS NOTAS, DATA LÍMITE: 30 DE SETEMBRO DE 2019

A solicitude cuberta (ANEXO I do DOG do 20-05-2019 ), e toda a documentación (orixinal e copias),  deberán presentala no centro.

-         RENTA PERCÁPITA MÁXIMA PARA AXUDA LIBROS E FONDO SOLIDARIO: 9.000 EUROS 

-         RENTA PERCÁPITA MÁXIMA PARA AXUDA MATERIAL ESCOLAR: 5.400 EUROS

TODO AQUEL  ALUMNADO QUE Ó FINALIZAR O CURSO 2018/2019  (DATA LÍMITE: 15  DE XUÑO)  NON DEVOLVA OS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO, ASÍ COMO OS LIBROS ADQUIRIDOS COS VALES,  NON TERÁ DEREITO ÁS AXUDAS.  (EXCEPTO O ALUMNADO QUE ACTUALMENTE CURSA 1º e 2º DE PRIMARIA PORQUE SON FICHAS ESCRITAS, E O ALUMNADO QUE SE EXAMINA EN SETEMBRO QUE DEVOLVERÁ OS LIBROS O MESMO DÍA QUE SE EXAMINE)

A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA PARA TODOS OS FILLOS E DEBERÁ ESTAR DEBIDAMENTE CUBERTA E ASINADA.

Toda a información que precisen a encontrarán na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.es

REUNIÓN ROBÓTICA COAS FAMILIAS

Estimadas familias:

Dende o "Equipo de Robótica" do CPI A Cañiza queremos invitaros a un encontro na Biblioteca de primaria, mañá Martes 21 de Maio, de 5 a 7 da tarde, para expor o traballo que estamos levando a cabo cos vosos fillos/as a través da robótica (Pensamento computacional) integrada nas distintas materias.

Asi mesmo realizaremos, se o tempo o permite, algún taller práctico para que vexades as posibilidades da robótica como recurso educativo.

Esperamos contar con vós.

Un saúdo.

Distribuir contido