Skip to Content

CHARLAS PLAN DIRECTOR

Un curso máis, o alumnado de Primaria e da ESO están a recibir unhas charlas dentro do programa "Plan Director para la convivencia y la Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos", desenvolvido polas Forzas e Corpos de la Seguridade do Estado.

A proposta de actividades inclúe aspectos tan relevantes como o acoso escolar, os riscos asociados ao uso das redes sociais, o consumo de estupefacientes e alcol, a violencia nos centros escolares, o acoso,.... entre outros.

RESERVA DE PRAZA NO IES A CAÑIZA

Abriuse o prazo dende o 16 de XANEIRO ata 6 de FEBREIRO de 2023 (ambos inclusive), para a RESERVA DE PRAZA do alumnado en centros adscritos (no noso caso, para o IES A Cañiza).

Deberán presentar DOUS formularios:

ED550A (ANEXO I e ANEXO I-bis, un para cada proxenitor/titor) no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado".

CONCURSO PILABOT (RECOLLIDA DE PILAS E ACUMULADORES)

O CPI da Cañiza vai participar no concurso "PILABOT" para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles: pilas de botón e estándar, baterías de mandos a distancia, teléfonos móbiles, computadores portátiles, xoguetes eléctricos, etc. procedente das familias do alumnado e do persoal do centro.

Para traer as pilas, os rapaces levarán unha caixa facilitada polo profesor correspondente, Todo o material será depositado nun contedor colectivo situado nun lugar visible e de fácil acceso para o alumnado.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración para acadar que o alumnado tome conciencia sobre a importancia da reciclaxe das pilas.

Un saúdo

BO NADAL

Tarxeta felicitación nadla 22

PANXOLINAS E CAMPANADAS DE INFANTIL

EMOCIÓNATE COA RADIO

Se se vos escaparon, podedes volver a escoitar os programas de radio grabados no cole. Aquí mesmo os tedes.

25 N

Xa temos no vestíbulo de Secundaria o posto informativo que monta o concello para conmemorar esta data. Temos ata agasallos.

Ver máis...

SAMAÍN INFANTIL-PRIMARIA

O alumnado de Infantil e primaria disfrutou dun terrorífico Samaín.

Premede na imaxe e xa veredes!!!

SAMAÍN, 2022

Diversión, sorpresa, imaxinación e... moooooito meeeeedo.

Entrade aquí e veredes!!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

A ANPA CPI A CAÑIZA ORGANIZA VIAJE FIN DE CURSO AO PARQUE WARNER EN MADRID

DATAS: 17 E 18 DE XUÑO DE 2023

O VINDEIRO VENRES, 7 DE OUTUBRO ÁS 20.00H, HABERÁ UNHA REUNIÓN NO EDIFICIO DE PRIMARIA (COMEDOR) PARA INFORMAR SOBRE A MESMA:

-         

ITINERARIO.

-         

PREZO APROXIMADO.

-         

ACTIVIDADES PARA RECAUDAR FONDOS DURANTE O CURSO.

-         

E MOITO MÁIS…

Distribuir contido


by Dr. Radut