Skip to Content

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR PARA O ALUMNADO DO CPI DA CAÑIZA - CURSO 2022-2023

 

Deberán presentar as solicitudes para o curso 22-23 en secretaría, no edificio de Secundaria.

Horario de atención: de 10:30 a 13:30 horas, por orde de chegada.

FIN PRAZO SOLICITUDES: 15 DE XULLO DE 2022 (INCLUSIVE)

Entregarán as solicitudes debidamente cubertas e asinadas. (Mirar nos adxuntos as instrucións).

AVISO

O LUNS 27, A PARTIR DAS 12:30, ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS DE SECUNDARIA.

DESPEDIDA EN SECUNDARIA

MATRÍCULA ALUMNADO NOVO INGRESO CURSO 2022-2023

 

PRAZO DE MATRÍCULA PARA TODO O ALUMNADO DE NOVO INGRESO (INFANTIL-PRIMARIA-ESO)

INFANTIL - PRIMARIA: DO 23 DE XUÑO ATA O 30 DE XUÑO (INCLUSIVE)

 SECUNDARIA: DO 27 DE XUÑO ATA O 8 DE XULLO (INCLUSIVE)

¡¡¡IMPORTANTE!!! soamente o alumnado de novo ingreso, que no vindeiro ano académico curse 4º de educación infantil e que xa aportou toda a documentación no proceso de admisión (marzo), non precisa vir en xuño a facer a matrícula. O resto do alumnado de novo ingreso dos restantes cursos si deberá facer a matrícula así como aportar a documentación no prazo indicado.

A todo o alumnado que xa está cursando estudios no CPI DA CAÑIZA (Infantil-Primaria-ESO), xa os matriculamos por defecto, polo tanto non precisan vir ao centro para o proceso de matriculación.

Os interesados ademais de presentar os impresos debidamente cubertos e asinados, deberán aportar a seguinte documentación que a continuación se relaciona. Recorden que non facemos fotocopias no centro.

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN APORTAR (ALUMNADO NOVO INGRESO INFANTIL-PRIMARIA-SECUNDARIA)

  • CERTIFICADO DE CONVIVENCIA (deben figurar todos os membros da unidade familiar: pai/nai/fillos).
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A (obrigatorio a partir dos 14 anos).
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO ALUMNO/A.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS.
  • 3 FOTOS DO ALUMNO/A CO NOME ESCRITO DETRÁS.
  • CERTIFICADO DE NOTAS DO ÚLTIMO CURSO ACADÉMICO, INCLUÍDAS AS MATERIAS PENDENTES DOUTROS CURSOS.

VIDEOXOGO CPI DA CAÑIZA

Estimadas familias e alumnado do CPI da Cañiza:

O profe Breixo estivo traballando durante este curso na creación dun videoxogo sobre o noso colexio e aquí vos deixamos o resultado final. Está dispoñible tanto para ordenador coma para dispositivos Android (esperamos poder telo en IOS en breve). Neste xogo teredes que ir buscando obxectos e moedas que vos darán os diferentes mestras e mestres para activar a panca que hai na porta de entrada. Esperamos que vos guste e vos divirtades moito con el.

Para acceder a el só tedes que CLICAR NA IMAXE.

Aquí atoparedes 3 carpetas: Android, Mac e Windows.

Para xogar no móbil ou tablet Android, só tedes que descargar e instalar o arquivo APK que aparece. Antes, en axustes do teléfono, debedes permitir a instalación de arquivos externos. (BREVE TITORIAL)

Para xogar no ordenador, descargades a versión de Windows e buscades un arquivo que se chama “GAME”. Non hai que instalar nada, só abrilo e listo!

Parabéns profe Breixo polo traballo!!!

ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo para a súa solicitude ata o 30 de setembro.

O TANGARAÑO 2022

   

CALENDARIO FIN DE CURSO

INFANTIL E PRIMARIA

- 13 de xuño: Avaliación en Infantil

- 20 de xuño: Avaliación en Primaria

- 22 de xuño: Entrega de notas. Fin de curso.

- 23, 27 e 28 de xuño: Prazo de reclamación de notas.

ESO

- 8 e 9 de xuño: 3ª avaliación.

- 9 de xuño: entrega de notas (a partir do peche da avaliación)

- 22 de xuño: Fin de curso.

- 23 de xuño: Avaliación final e entrega de notas (a partir do peche da avaliación)

- 27, 28 e 29 de xuño: Prazo de reclamación de notas.

CURSO 2022-2023

As actividades lectivas en educación infantil, educación primaria e ESO realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

MENÚ ESCOLAR MES DE XUÑO

Distribuir contido


by Dr. Radut