EDUexcelencia

Ecosistemas

En grupos,elaboramos dioramas sobre distintos ecosistemas en caixas de zapatos. Cada diorama ía acompañado dun folio que achegaba información sobre o ecosistema, e un mapa onde se mostraban os lugares do mundo onde se podían atopar.

Estatística

Para traballar contidos estatísticos realizamos dúas experiencias:

- na primeira experiencia fixemos dúas táboas:  unha na que mostrabamos os resultados posíbles ao tirar dous dados e sumar os resultados e outra na que multiplicabamos os resultados. Logo, analizamos os datos.

- na segunda experiencia xogamos a pedra, papel,tesoira. Xogamos oito partidas e colocamos os datos nunha táboa, despois elaboramos un diagrama de barras e por último analizamos os resultados.

 

Números negativos e positvos

Para rematar de familiarizarnos cos números enteiros, desta volta tivemos que buscar na Internet distintos datos e despois elaborar unha recta numérica e represntar estes datos.

Laboratorio

Desta volta experimentamos coa masa, o voume e a densidade. Fixemos distintos experimentos para traballar estes conceptos.



EXPERIMENTAMOS: CAIXA DOS SENTIDOS

Comezamos a aprender sobre o corpo humano, e para iso realizamos o primeiro de moitos experimentos que nos esperan ao longo do curso. 

(Recordade que para ver as fotos tedes que premer onde pon ler máis)

Taller de repostería

 

 

O pasado luns pasamos unha tarde moi especial e moi  doce. Fixemos uns biscoitos recheos de nata  e con cuberta de chocolate.  Decorámolos con froitas e o noso nome en chocolate. Ñam, ñam!

 

Puzzle sistema solar

 

 

Para axudarnos a coñecer o sistema solar fixemos este puzzle no que tiñamos que colocar cada planeta na súa orbita e relacionar cada un coas súas características.

 

O universo

En ciencias sociais os nenos de 1ºB estudiamos o tema do universo.

Aprendemos cales eran as constelacións mais importantes que se poden ver desde a terra e os nomes dos planetas.

Distribuir contido