EDUexcelencia

As propiedades da materia

Sabedes cantas cousas podemos aprender observando os obxectos máis simples?

En 5ºB estivemos analizando as propiedades xerais da materia: a masa e o volume. Fixémolo pesando e medindo o volume de obxectos variados, coa axuda dunha báscula electrónica e uns recipientes graduados.

Inventos

Por equipos, organizamónos, pensamos e creamos disintos inventos:

-Cepillo: lava, peina, seca ...

- Máquina que fai os deberes.

- Máquina que lava e seca os zapatos.

- Máquina con zumo, música e conexión bluethooh

- Armario tecnolóxico.

Tivemos que facer unha breve descrición do invento, unhas intruccións, un logo e un eslogan. Ao final tivemos que facer unha presentación do noso traballo e, posteriormente mostrámolos no corredor.

 

O noso corpo en plastilina

O noso corpo por dentro ten un montón de aparatos encargados de realizar as funcións vitais: nutrición, reprodución e relación. Para estudalos pareceunos boa idea representalos con plastilina. Esta é unha mostra do noso traballo.

Perímetro e área

Nunha cuadrícula creamos distintas figuras cunha única premisa, que tivesen como área 24 unidades cadradas. Deste xeito, ao ver o resultado final podemos observar as distintas formas e perímetros de cada unha das figuras.

 

Volume

Construimos un cubo para traballar o volume. Despois, elaboramos distintas figuras e comprobamos cal era o seu volume.

 

Magnitudes

Axudámonos dunha táboa de magnitudes para:

- Convertir medidas.

- Pasar de complexo a incomplexo.

-Resolver exercicios.

 

Distribuir contido