EDUexcelencia

Iniciación na robótica!

Os alumnos de 6º nivel de Educación Infantil do noso centro están a realizar un obradoiro anual sobre Robótica. Realizamos varias actividades onde eles e elas tiñan que vivenciar co ser corpo os diferentes movementos destes "bichiños": paso a diante, paso atrás, a un lado e o outro.

O seguinte paso foi iniciarse na programación dos Escornabot, saber onde teño que ir para poder dirixilo.

 

Descubrindo ecosistemas

O alumnado de 5ºB de Primaria afondouse no coñecemento dos ecosistemas terrestres e acuáticos durante o terceiro trimestre. Tras coñecer os diversos tipos, os discentes organizados de forma grupal escolleron un ecosistema e indagaron en distintas fontes para posteriormente informar ao resto do alumnado das especies que nel se atopan, as relacións entre os individuos así como as súas formas de alimentación, elaborando como axuda unha presentación en cartolina.

Durante a realización desta actividade, o alumnado desenvolveu a Competencia Científica a través do coñecemento de diversos seres vivos, o seu hábitat, as especies en perigo de extinción así como a importancia de respetar o medio e non interferir e danar os ecosistemas. Asimesmo os discentes desenvolveron a Competencia de Aprender a Aprender, pois eran eles/as mesmos/as quenes debían contrastar diferentes fontes informativas (enciclopedias, documentais de seres vivos, búsqueda na rede...) e ser quen de seleccionar as máis relevantes. Por outra banda a Competencia Lingüística xogou un papel imprescindible como motor transmisor da información, mediante a expresión escrita (na elaboración da presentación da actividade) e a expresión oral a través da comunicación do coñecemento adquirido aos seus compañeiros/as.

Árbore xenealóxica.

O alumnado de 5º A fixo unha árbore xenealóxica para traballar con distintas fontes históricas. Velaquí o resultado.

 



O clima: Que levo na maleta?

Cando viaxamos a un sitio o primeiro que pensamos é que levaremos na maleta, todo dependerá do clima do lugar en cuestión.

Así pois, no segundo trimestre o alumnado de 5ºB, distribuido en parellas, decidiu a que lugar do mundo lle gustaría viaxar, para logo facer a súa propia maleta e coller rumbo. Para iso acudimos á aula de informática onde o alumnado puido buscar na rede o clima dese lugar en concreto, ademáis doutra información relevante para a súa viaxe: a lingua, a bandeira, a situación xeográfica, o transporte a escoller e o tempo de duración da viaxe, a cultura, a gastronomía, o ocio... 

Unha vez informados do clima que se van atopar e de todo o necesario para emprender destino, os nenos e nenas fixeron as súas maletas onde indicaron ademáis dos datos relevantes, que roupa e acesorios levarían para esa viaxe.

Deste xeito desenvoleuse a Competencia Científica, a través do coñecemento do clima dunha rexión determinada así como a Competencia Dixital, mediante o uso autónomo do ordenador e a búsqueda na rede sendo críticos coa información que reciben e elaboran. Por outra banda desenvolvéronse as Competencias Sociais e Cívicas xa que indagaron máis profundamente na cultura e costumes sociais dese lugar.

Maletas de viaxe: o clima

Coñecendo o Sistema Solar e a Vía Láctea

Coñecer o espazo, o que hai alá no ceo, lonxe da Terra, é algo que a todos nos causa curiosidade e misterio. Por iso, durante o primeiro trimestre o alumnado de 5ºB se adentrou no coñecemento do espazo, a Vía Láctea e o Sistema Solar, no que nos atopamos. Como resultado, cada rapaz e rapaza elaborou a súa propia maqueta, desenvolvendo así a Competencia Científica, a Competencia Artística e a Competencia en Comunicación Lingüística pois, tras rematar os seus traballos, visitaron as aulas de quinto e sexto curso de Educación Infantil para compartir con eles os coñecementos adquiridos e diversas aventuras sobre o espazo.  Maquetas do Sistema Solar realizadas polo alumnado de 5º de PrimariaMaqueta do Sistema Solar con luz ledAlumnado de 5ºB explicando ao alumnado de 5º e 6º de Infantil o Sistema Solar

Coñecendo a célula animal e a célula vexetal

Ao longo do primeiro trimestre o alumnado de 5ºB de Educación Primaria adentrouse no coñecemento da unidade máis pequena dun ser vivo: a célula animal e a célula vexetal, indagando nos seus compoñentes e o seu funcionamento. Como resultado, cada alumno e alumna realizou a súa propia maqueta, desenvolvendo así a Competencia Científica e a Competencia Artística, nun clima de diversión e aprendizaxe.Maquetas da célula animal e vexetal realizadas polo alumnado de 5ºB

 

Observación dun proceso químico: a desnaturalización das proteínas do ovo

Este trimestre os alumnos de 6ºA fixeron unha serie de prácticas co obxectivo de profundizar nalgúns contidos que estudaron na área de Ciencias Naturais ao longo do curso.

Unha das prácticas consistiu na observación do cambio estructural das proteínas do ovo ao rociar este con alcohol etílico 96º, obtendo unha apariencia de ovo fritido case de xeito inmediato.

ovo 1

ovo 2

Distribuir contido