Skip to Content

Scenic Arts and Dance

Estrea da performance "Pioneers in Science"

Chegou o día: o 21 de decembro, como unha das actividades desta última xornada do primeiro trimestre, as alumnas de AED representaron a performance bilingüe titulada "Pioneers in Science". Fixeron falta tres pases aquela mañán para que todo o público do centro asistise como espectador a estes monólogos que xiraban arredor de mulleres salientables na ciencia.

 

Exposicións orais sobre espectáculos vistos

As alumnas de AED fixeron exposicións orais nas que analizaron espectáculos aos que asistiron ao longo do primeiro trimestre (a meirande parte deles representados no marco do festival carballés FIOT).

As rapazas de Artes escénicas e danza ensaian para a súa performance de "Pioneers in science"

Alba, Celia, Laura, Daniela, Lucía, Isabel e Lía ensaiaron no laboratorio ao longo do mes de decembro a súa performance bilingüe centrada en salientar a labor de diversas científicas españolas e extranxeiras, creada por elas mesmas.

 

Hoxe recibimos os agasallos pola participación no Certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, no marco do FIOT carballés!

Esta semana escoitamos na Hora de ler o podcast do ensaio xeral do texto "As sete ananiñas" gravado na radio do centro (Radio Rat) días antes de participar no certame de Carballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut