Skip to Content

Inglés

Departamento de Inglés

Programacións do departamento de lingua estranxeira inglés 2023-2024

Aquí podes consultar as programacións didácticas vencelladas ó departamento de lingua estranxeira inglés do curso 2023-2024.

Programación inglés 2022-2023

Aquí pode consultar a programación do departamento de inglés de secundaria dos cursos LOMCE.

SCRAPBOOKING EN ROMA

O pasado mes de maio o alumnado de 4 ESO tIvo a enorme sorte de pasar uns días en Roma e incluso se permitiron visitar Florencia. Pero a viaxe encerraba unha pequena trampa: á volta tiñan que presentar un cuaderno de bitácora redactado en lingua castelá e en inglés, narrando experiencias e anécdotas. 

O resultado non puido ser mellor!

Preme na imaxe para velo:

 

HARRY POTTER: AUDIOTRAILERS

O alumnado de 1º e 2º de ESO tamén fixo tráilers, pero no seu caso fixeron de dobradores/as do tráiler oficial de Harry Potter. Aquí podedes escoltar algunhas mostras tras ver o vídeo orixinal:

Carolina     Guzmán     Lucía Liñares      Pedro

BOOKTRAILERS: MARCO POLO

Este ano o alumnado de 3º de ESO tivo como un  dos libros de lectura Two explorers: Marco Polo and Roald Amundsen da editorial Burlington Books. Tras a lectura, fixeron presentacións moi interesantes sobre as experiencias destes grandes exploradores, as rutas que seguiron, etc. Como remate, gravaron booktrailers, aquí hai unha mostra.

 

THE COAST OF DEATH

Costa da morte

O noso centro está en plena Costa da Morte, pero sabes cómo xurdiu este nome? O alumnado de 1º de ESO fixo labores de investigación para averigualo e contalo. Aquí tes os resultados desa investigación para ler ou escoitar en inglés ou galego.

Tamén podes escoitalos nos códigos QR ou visitando a nosa radio escolar: RADIORAT

qr inglés-costa da morte

LET'S HAVE BREAKFAST

HOTEL CANTERVILLE: NEW EXPERIENCE AT THE THEATRE

O pasado 19 de febreiro todo o alumnado da ESO asistiu como en anos anteriores á representación dunha obra teatral en inglés. A compañia Face2Face representou Hotel Canterville, unha disparatada historia cunha mixtura de referencias culturais como a pantasma (alusión á obra de Oscar Wilde A pantasma de Canterville), e o cantante Elvis Presley. Na obra participaron "actores noveles" escollidos dentre o público, e entre eles o noso alumno Borja Martínez de 2º ESO, quen estivo francamente ben en su papel de 'ascensor'.

O día completouse coa visita á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán por parte do alumnado de 3º e 4º, ao tempo que os de 1º e 2º facían un roteiro polos lugares emblemáticos das Irmandades da Fala.

COMPAÑEIROS DE HARRY POTTER NA DELEGACIÓN DE HOGWARTS EN LAXE

 

Nos últimos días, produciuse un fenómeno máxico: á Aula de Idiomas de Secundaria chegou un moucho cargado de cartas de aceptación para os alumnos de Secundaria como novos alumnos de Hogwarts. A partir de ahí, tiveron que viaxar dende o andén 9 3/4 no Hogwarts Express ata as súas clases de adivinación (4º ESO), pocións máxicas (3º ESO), e realizar distintas probas o alumnado de 1º e 2º, como realizar dominós para descubrir quen serían os seus profesores a través das súas descripcións, leer mensaxes secretas no espello máxico, descifrar elementos das pocións, e resolver distintos crucigramas.

Todos superaron as probas con nota!

WANDA WITCH TO CELEBRATE AND LEARN MANY THINGS ABOUT HALLOWEEN

Recomendámosvos este magnífico recurso para aprender e duvertirse 

l

Distribuir contido