Skip to Content

Matemáticas

Programacións do departamento de matemáticas 2023-2024

Aquí podes consultar as programacións didácticas vencelladas ó departamento de matemáticas do curso 2023-2024.

Programación Didáctica Matemáticas (Curso académico 2018-2019)

Podedes consultar aquí a Programación Didáctica de Matemáticas para este curso 2018-2019, referente aos catro cursos da E.S.O.

COCIÑANDO MATEMÁTICAS

O alumnado de 1º ESO realizou un proxecto no que investigaron sobre as medidas que non están dentro do coñecido Sistema Métrico Decimal Universal. Averiguaron qué otras medidas podían encontrarse polo mundo e a súa equivalencia coas do sistema métrico. Incluso descubriron que hai un sistema especial para as medidas na cociña! Así que, que mellor que aplicalas practicando, e tocou facelo primeiro "buceando" na Internet para atopar esas receitas, e logo nas casas onde deberon elaborar unha, e por suposto redactala para ter un libro de receitas da clase.

Cremos que en inglés están a facer algo semellante cun extrano almorzo que toman por aqueles lares e completando o libro con receitas tolas tolas.

Pero volvamos ás mate, aquí podedes ver esas receitas do noso alumnado.

Receitas do mundo

PROGRAMACIÓNS DE MATEMÁTICAS 2017-2018

 

A continuación como archivos adxuntos podese ver a PROGRAMACIÓN DE MATEMÁTICAS DE 2017-2018 e un resumo de cada curso

NOVO RECUNCHO

Despois do VERDE e do VIOLETA que, como vedes, teñen nova localización, presentámosvos o noso novo recuncho: X0G0S M4T3M4T1C0S que xa podedes atopar na biblioteca.

I CONCURSO MATEMÁTICO

As gañadoras no primeiro ciclo foron Inés (2º ESO) e Eugenia (1º ESO), co primeiro e segundo premio respectivamente.

No segundo ciclo proclamouse gañador Tito (3º ESO), seguido de Sonia (3º PDC)

PARABÉNS A TOD@S!!

 

DOS ARQUIVOS XEOMÉTRICOS

XOSÉ DÍAZ

“Debémoslle a Rafael Dieste outra lectura da súa obra”

Entrevistamos o autor de ‘Dos arquivos xeométricos. Razón e realidade no pensamento de Rafael Dieste’ (Axóuxere) , obra que convida a deitar unha mirada nova, orixinal e necesaria sobre un escritor que, como afirma o propio Díaz, “era un pensador de primeira liña”, algo que facía mirando “desde as marxes”Xesús Manuel Piñeiro

"De neno eu tiña a tendencia a crelo todo, cousa que me parece un método lóxico extraordinario”. Rafael Dieste (Rianxo, 1899-Compostela, 1981)

Distribuir contido


by Dr. Radut