Skip to Content

Animación á lectura

COMPAÑEIROS DE HARRY POTTER NA DELEGACIÓN DE HOGWARTS EN LAXE

 

Nos últimos días, produciuse un fenómeno máxico: á Aula de Idiomas de Secundaria chegou un moucho cargado de cartas de aceptación para os alumnos de Secundaria como novos alumnos de Hogwarts. A partir de ahí, tiveron que viaxar dende o andén 9 3/4 no Hogwarts Express ata as súas clases de adivinación (4º ESO), pocións máxicas (3º ESO), e realizar distintas probas o alumnado de 1º e 2º, como realizar dominós para descubrir quen serían os seus profesores a través das súas descripcións, leer mensaxes secretas no espello máxico, descifrar elementos das pocións, e resolver distintos crucigramas.

Todos superaron as probas con nota!

HAIKUS POLA PAZ

Na sala de secundaria podes ver os Haikus pola paz deste ano, que foron escritos polo alumnado de 1°A. Nesta ocasión acompañados de mandalas aos que deron cor.

CONSTRUÍNDO ENTRE TOD@S A BIBLIOTECA

Algúns dos nosos alumnos e alumnas estiveron a botarnos unha man para reetiquetar libros coa CDU e os códigos de barras do autoempréstito.

Tamén nos construíron cun palé un chamativo expositor de novidades de estilo mariñeiro.

Alumndo axudando na biblioteca

MERCADILLO LITERARIO DE NADAL NA SALA DE PRIMARIA

Tras o éxito acadado o Nadal pasado, o equipo de primaria, axudado polo voluntariado de lectura -A, volveu organizar o MERCADILLO LITERARIO DE NADAL. Aquí podedes ver algunhas fotos se premedes sobre elas, veredes os vídeos:

Mercadillo de Nadal 2017

RADIO NA BIBLIO

Esta semana o volutariado de biblioteca e o equipo estamos especialmente contentos, pois somos un dos vinte primeiros centros escollidos para traballar neste proxecto de alfabetización múltiple.

TRABALLO DO VOLUNTARIADO

O noso voluntariado de biblioteca segue a botarnos unha man co etiquetado dos libros e a decoración para as exposicións e celebracións. Aquí podedes ver a algunhas das integrantes: Sheila, Andrea, Carolina e Saray, colocando as novas letras das estanterías:

Distribuir contido


by Dr. Radut