Skip to Content

Acto final do proxecto 'O MUNDO QUE QUEREMOS'

E o día chegou, hoxe rematamos o noso proxecto de todo o curso en Secundaria, proxecto no que reflexionamos e traballamos sobre os 18 obxectivos de desenvolvemento sostible a conseguir no 2030 para lograr ter un mundo máis igualitario, máis solidario, máis repectuoso coas persoas e co propio planeta. Todo un curso no que tivemos diversas actividades promovidas dende distintas ONG e complementadas con tarefas nas clases e a celebración da Semana Cultural, tamén dedicada a SOLIDARIEDADE.

Hoxe achegámonos á nosa vila para transmitir esas ideas e amosar os nosos traballos. No mercadillo, repartíronse folletos explicativos de todo o traballo realizado, expuxéronse as fotografías reivindicativas e escoitose o programa de radio cun berro claro 'Este é o mundo que queremos' xusto e igualitario, sin guerras nen loitas, sin fame ou pobreza, sin explotacións, cunha sanidade e educación digna, sin discriminacións de xénero ou por otras condicións, nun planeta coidado e respectado.

Se clicas na foto de arriba, podedes ver as FOTOS DE TODAS AS ACTIVIDADES.

Grazas aos que nos escoitaron e participaron, entre todos esperamos conseguir ese novo mundo.

 

 ENLACES AO RESTO DE MATERIAIS DE "O MUNDO QUE QUEREMOS"

O PROGRAMA DE RADIO   FOTOGRAFÍAS DO PROXECTO

 

 

 



page | by Dr. Radut