Skip to Content

FONDO LIBROS E AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Prazo ordinario de presentación de solicitudes: 21/05/2024 - 21/06/2024

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirrir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 24/25 (código de procedemento ED330B). (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2024).

Lembrade que se pode tramitar a petición do fondo solidario tanto presencialmente na secretaría do centro como telematicamente.

 

IMPORTANTE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Anexo I (Solicitude) Modelo ED330B.
  • Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia DNI en vigor de todos os membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno o os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
    • 1º Certificado ou volante de convivencia.
    • 2º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se poida xustificar co libro de familia, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

OBSERVACIÓNS:

  • As incorporacións de novo alumnado ao centro fóra do prazo ordinario terán ata o 31 de marzo de 2025 para solicitar esta axuda. A partir dese momento, a aplicación permanecerá pechada. 

 



page | by Dr. Radut