Skip to Content

Ampliación en 25 € da axuda para adquirir material escolar

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ampliou en 25 € a axuda para adquirir material escolar para este curso 2022/2023. Esta ampliación regúlase na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar (DOG núm. 196 do 14.10.2022).

As familias que foron beneficiarias do cheque de material de 50 € para este curso 2022/2023 poden recoller na secretaría do centro o cheque de 25 € a partir das 10:30 horas do vindeiro 17/10/2022. As familias non teñen que realizar máis trámites que recoller o cheque e entregalo na librería da súa elección ao mercar material.

Utilizarase preferentemente na librería antes do 01/12/2022.

O centro nunca expedirá un novo vale, en caso de que a persoa beneficiaria ou a libraría o extravíen.



page | by Dr. Radut