Skip to Content

Letras Galegas 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

O xoves 13 de maio o alumnado da ESO do CPI Cabo da Area rendeulle unha homenaxe a Xela Arias, escritora a quen a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas en 2021. No acto, celebrado no pavillón municipal, os alumnos e as alumnas de todos os cursos leron unha selección de poemas de distintos libros desta singular poeta: Intempériome, Darío a diario ou Denuncia do equilibrio. Alén dos versos de Xela Arias, Daniel Allo de 4º ESO tamén recitou un poema que seu pai escribiu cando o seu avó mariñeiro se xubilou. Por outra banda, o alumnado da materia de Música interpretou varias composicións musicais, entre elas o Himno de Galicia. Coa esta celebración quixemos tamén enxalzar a riqueza do noso patrimonio cultural e, en especial, valorizar ese inxente tesouro que nos deixaron en herdanza os nosos devanceiros: a nosa lingua!


Accede ás fotos do acto facendo clic na GALERÍA

 

Accede a un VIDEO do acto.



page | by Dr. Radut