Secretaría

Publicación listaxe do FONDO DE LIBROS

Actualización do listado definitivo do Fonde de Libros para o alumnado de Secundaria, HAI QUE MIRAR AS DÚAS PUBLICACIÓNS:

 

 

 

Nos seguintes enlaces pódese consultar a información relativa ao Fondo de Libros:

 

 

As listaxes son provisionais.

A Listaxe definitiva  de Secundaria estará completa a partir do 10 de setembro (pendente da matrícula en setembro).

A Listaxe definitiva de Primaria publicarase o mércores 20 de xullo despois de atender aos 2 días de posibles reclamacións. Por favor, non merquedes os libros ata a resolución definitiva, xa que haberá  cambios na adxudicación.

 

 

FIN DE CURSO E INFORMACIÓN SOBRE O CURSO 2016-2017

FINAL DE CURSO 2015-16

 

DÍA 22 de XUÑO: A saída será ás 13:30 horas e non haberá comedor.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DO CURSO 2015-16

 

Día 22 de xuño, en Educación Infantil e Primaria.

Día 23 de xuño, en Educación Secundaria Obrigatoria, ás 10:30 h.

Período de reclamacións:

  • Primaria: Ao final de cada curso, ante a Dirección do centro, no prazo de 5 días.

Orde do 22 de xullo de1997 da Consellería de Educación (D.O.G. 02/09/1997).

  • E.S.O: Ao final de curso, ante a Xefatura de Estudos, 2 días lectivos.

Orde do 28 de agosto de 1995 do Ministerio de Educación (B.O.E. 20/09/1995).

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2016-17

INSTRUCIÓNS DA SECRETARÍA

INFANTIL E PRIMARIA:

  • PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño, só para os alumnos/as de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).

  • DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula que se recollerá no centro.

SECUNDARIA:

  • PRAZO: Do 25 de xuño ao 11 de xullo (o que supere curso) e do 1 ao 9 de setembro (os/as que realicen a avaliación extraordinaria de setembro).

 

  • DOCUMENTACIÓN:

  1. Sobre de matrícula con todo debidamente cuberto e asinado. (Recoller no centro).

  2. Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.

  3. Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta 2080-0211-61-3040003372 de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)

  4. Fotocopia do D.N.I.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou nesta web), que se entregará cuberta entre o 20 de xuño e o de 11 de xullo, independentemente de cando se faga a matrícula.

IMPRESO SOLICITUDE

VARIACIÓN DE DATOS:

Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais, ou viveversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.

Tamén se houbo variación nos datos complementarios (dirección, teléfono´situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.

 

Ares, 10 de xuño de 2016.

PUBLICACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2016-2017

 LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2016-2017.

O proceso está regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/13) e polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Aplicando esta lexislación informamos que a lista definitiva de admitidos coincide coa provisional xa publicada.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2016-2017

 

No arquivo "LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS"  podedes consultar  o alumnado admitido provisionalmente para o curso 2016-2017 aprobados no Consello Escolar do día 11 de abril de 2016.

Contra esta resolución informamos que hai 5 días hábiles para reclamar no centro.

Non realizouse baremación por quedar prazas vacantes.

A listaxe definitiva publicarase o día 13 de maio.

A matrícula de Infantil e Primaria terá lugar entre o 20 e 30 de xuño.

A matrícula da ESO entre o 25 de xuño e o 11 de xullo.

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2016-2017

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, informa do procedemento para admisión do alumnado para o curso 2016-2017  

  • PRAZO: do 1 ao 29 de marzo de 2016 en horario lectivo: 9:30h a 13:30h.
  • LUGAR : Oficina Administrativa do centro.
  • DOCUMENTACIÓN:
    • Impreso de solicitude: Pódese obter no centro
    • Certificado ou volante  de empadroamento do Concello.
    • Fotocopìas do libro de familia (todas as follas inscritas).
    • Fotocopìas dos DNI (pai/nai/alumno/a se ten).
    • Sentencia de separación ou divorcio (se é o caso).
    • Xustificante das Necesidades Educativas Específicas (se é o caso).
    • Certificado de matrícula do centro anterior (se é por traslado).

 

LISTADO DEFINITIVO DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2015-2016

Reunido o Consello Escolar en sesión extraordinaria o día 15 de setembro de 2015, apróbase o listado de usuarios definitivo de comedor escolar para o curso 2015-2016.

Considerando que hai 30 alumnos/as  en reserva, decídese enviar a solicitude de incremento de prazas de comedor á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou tratar de buscar algunha solución a este problema.

 

 

 

 

 

O día de hoxe, 9 de setembro, reunido o Consello Escolar en sesión ordinaria aproba a seguinte lista provisional de usuarios de comedor escolar para o curso 2015-2016.

Ábrese un prazo de 5 días para presentar as reclamacións a este listado.

Este listado e moi diferente ao anterior debido ás reclamacións e por orde da Consellería de aplicar o Apartado 5 (Selección de usuarios) o Criterio 1 das Instrucións 1/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 1 de xuño sobre o funcionamento de comedores escolares" que dí: "Alumnado do curso anterior salvo que variase substancialmente o criterio polo que fose admitido".

 

 

APERTURA CURSO 2016 - 2017

Apertura do curso 2016-2017

A Dirección do CPI As Mirandas da a benvida ao novo curso escolar a toda a comunidade educativa e informa do inicio de curso:

DATA HORA PRESENTACIÓN    Observacións
12 setembro

10:00H 

 

AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS (4º E.I.) TERÁN UNHA REUNIÓN COA CORRESPONDENTE TITORA NAS AULAS SEN O ALUMNADO  
12 setembro

11:00 a 12:00h.

INFANTIL E PRIMARIA
  • O alumnado de transporte deberá estar nas paradas do bus media hora antes. Non haberá comedor.
  • As familias de 1º e 2º Primaria terán reunión de presentación ás 11:30h cos repectivos titores/as, aínda co alumnado entre ás 11:00h.
15 setembro

13:30-14:30h.

SECUNDARIA
  • O alumnado de transporte deberá estar nas paradas do bus media hora antes. Haberá comedor.

 

NOTA INFORMATIVA: Todo o alumnado que vaia continuar o vindeiro curso e que variase algún dato persoal, ten a obriga de comunicalo ao centro, cubrindo o correspondente impreso que se facilitará na oficina administrativa 

O ALUMNADO DE ESO QUE ESTEA PENDENTE DE MATRICULAR TEN O PRAZO ATA O 9 DE SETEMBRO.

HORARIO DE OFICINA: 9:30 A 13:30H 

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

O 1 de setembro saiu publicada a Orde do 25 de agosto de 2015, pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 (DOG do 1 de setembro).

A continuación presentamos un resume e o impreso de solicitude.

Toda a información completa podedes consultala no seguinte enlace:

INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA

IMPRESO DAS AXUDAS

 

INSTRUCIÓNS

 

1. Convocatoria: Axudas para a adquisición de material escolar

A convocatoria de material escolar diríxese ao alumnado matriculado en calquera curso de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

2. Requisitos para acollerse a esta convocatoria

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos mencionados nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

 

3. Lugar e prazo de solicitude

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros legalmemye establecidos, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

Inicio do prazo: 02-09-2015Fin do prazo: 01-10-2015

 

4. Solicitudes e documentación.

Todas as solicitudes, deberán ir acompañadas pola documentación preceptiva. Presentarase orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia.

A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:

a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros, tales como:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013:

1º. Certificado emitido polo órgano competente.

2º. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou

3º. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

 

5. Contía da axuda.

50 € por alumno/a.

6. Determinación da unidade familiar.

1. Para os efectos previstos nesta orde, e con referencia á situación familiar en 31 de decembro de 2013, considérase que conforman a unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente e, se for o caso, o titor ou titora, ou a persoa encargada da garda e protección do menor.

b) Os fillos ou fillas menores de idade, con excepción dos/as emancipados/as.

c) Os fillos ou fillas maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os fillos ou fillas solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles, e que reúnan os requisitos. Esta situación deberá acreditarse documentalmente mediante o correspondente volante ou certificado de convivencia.

3. No caso de falecemento dalgún dos proxenitores que convivan co causante, acreditarase a circunstancia mediante un certificado de defunción.

4. Os casos de separación ou divorcio acreditaranse mediante sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

5. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos os proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

6. En casos especiais en que a unidade familiar non estea conformada do xeito establecido no punto 1 , deberá achegarse volante ou certificado de convivencia en que figure o/a alumno/a para o cal se solicita a axuda e todos os familiares que convivan con el ou ela, ou certificado dos servizos sociais do concello.

 

7. Renda per cápita.

1. Enténdese por renda per cápita a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade computables.

2. Para os efectos do cálculo da renda per cápita da unidade familiar, computaranse por dous os membros da familia, incluído/a o/a alumno/a, que figuren na solicitude e teñan recoñecida en 31 de decembro de 2013 unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.

3. Nesta convocatoria, para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2013 e o exercicio fiscal 2013.

4. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2013, sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar durante o exercicio 2013.

5. Coa sinatura da solicitude a persoa solicitante declara, baixo a súa responsabilidade, que reúne o requisito de ingresos da unidade familiar que fai constar, e queda sometido ao réxime de infraccións e sancións a que se refire a disposición adicional segunda desta orde.

Ademais, coa sinatura da solicitude a persoa solicitante declara baixo a súa responsabilidade que se encontra ao día no cumprimento das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento débeda ningunha coa Administración pública da Comunidade Autónoma

6. No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

 

8. Adquisición do material escolar

Unha vez que a persoa solicitante estea en posesión do vale, poderá adquirir material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. As persoas beneficiarias do vale poderán usalo ata o día 31 de outubro de 2015 (este incluído).

 

 

PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DEFINITVA FONDO SOLIDARIO

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, tralas reclamacións ao fondo solidario de libros, informa que a Conselleria enviou unhas novas instrucións coa concesión de 4 ou 6 libros de texto ás familias solicitantes con renda per cápita  menor de 9000 euros. Enviouse a información por carta ás familias que tiveron variación  na resolución definitiva publicitada abaixo. Na ESO publicaranse en setembro.

 

A Dirección do CPI Conde de Fenosa publica a Resolución Definitiva do Fondo solidario para 3º e 5º de Primaria, así coma a Resolución Provisional de 2º e 4º ESO, quedando a definitiva pendente para setembro.

 

 

 

 

AVISOS:

Na ESO houbo modificacións non contempladas no listado provisional, hai que esperar a setembro para  o listado definitivo.

 

EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DO ALUMNADO DE ESO. SETEMBRO 2016

1 SETEMBRO
HORA MATERIA AULA HORA MATERIA AULA
9:00 - 10:30h

LINGUA CASTELÁ 1º,2º,3º E 4º ESO

 

1º A

1º B

16:00 - 17:00h.

FRANCÉS 1º, 2º, 3º e 4º ESO 

CULTURA CLÁSICA 3º ESO

IPEE

 

1º A

1º B

10:30 -11:30h

CIENCIAS SOCIAIS 1º E 2º ESO

XEOGRAFÍA E HISTORIA 3º E 4ºESO

1º A

1º B

17:00-18:00h. 

MÚSICA

1º A

1º B

 

11:30 - 12:30h

FÍSICA E QUÍMICA  3º e 4º ESO

 

CIENCIAS NATURAIS 1º e 2º ESO

 

1º A

1º ESO SB/2º ESO: 1º B

 

1º ESO /2º ESO SB: 1º A

18:00 - 19:00h

ED. ÉTICO-CÍVICA 4º ESO

ED. CIDADANÍA 2º ESO

ED. PLÁSTICA E VISUAL 1º, 3º e 4º 

1º A

1º B

A.PLÁSTICA

12:30 - 14:00h

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º e 4º ESO

ÁMBITO CIENTÍFICO-MATEMÁTICO  4º PDC

1º A

1º B

     
      2 SETEMBRO
 HORA  MATERIA  AULA  HORA  MATERIA  AULA
 9:00 - 10:30h  LINGUA GALEGA  1º, 2º, 3º e 4º ESO

 ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO 3º e 4º PDC

1º A

1º B

 16:00- 17:00h. 

TECNOLOXÍA  2º, 3º e 4º ESO

 

 

  TECNOL.

 

 10:30-12:00h

  L. INGLESA 1º, 2º, 3º e 4º ESO

1º A

1º B

 17:00- 18:00h.    INFORMÁTICA 4º ESO A. INF.
 12:00-13:30h

 MATEMÁTICAS  1º, 2º, 3º e 4º ESO

U.M.

18:00-19:00h   ED. FÍSICA
 1º A
ENTREGA DE NOTAS:   6 DE SETEMBRO ÁS 10:30H.

MATRÍCULA DE ALUMNADO DE ESO PARA O CURSO 2016-2017 DO 6 AO 10 DE SETEMBRO.

Distribuir contido