ANPA
PRESENTACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POSIBLES ORGANIZADAS POLA ANPA
Enviado por admin o Mar, 19/09/2017 - 11:12
A nova directiva da ANPA informa das diferentes actividades extraescolares para o curso 2017-2018 coa condición de ter o nº suficiente de solicitudes e anima ás familias a facerse socias e ao alumnado a participar nas diferentes actividades organizadas.
O alumnado levará toda a información; as fichas de inscrición para socios e actividades extraescolares poderán recollerse nas oficinas da ANPA e na do CPI ou ben descargalas desta páxina web.
CONCURSO: "DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"
Enviado por admin o Xov, 21/04/2016 - 09:51Aviso importante:
A ANPA amplía o prazo de entrega de ideas para o LOGOTIPO do noso centro ata o día 19 de
maio de 2016.
A Anpa Ramón Pimentel do CPI Conde de Fenosa xunto coa dirección do centro, tendo en conta
que os días 13,16 e 17 de maio non son lectivos, e para facilitar a presentación de propostas por parte
dos membros da comunidade educativa, acordan, en virtude do disposto no punto 6 das bases que rixen
o dito concurso, AMPLIAR O PRAZO de presentación de propostas ata o xoves 19.05.2016 ás
15:59 h.
CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE
A ANPA en colaboración coa Dirección do CPI Conde de Fenosa, convocan o concurso para o deseño do
logotipo destinado a ser a imaxe representativa do noso centro unha vez aprobado polo Consello
Escolar, Concello, visto bo da Inspección e pendente de aprobación por parte da Consellería o cambio do
nome do centro polo de CPI “AS MIRANDAS”.
Nos seguintes arquivos podedes consultar as Bases do Concurso e o Anexo I para a inscrición.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar!
CONCURSO FOTOGRAFÍA ANPA 2015
Enviado por admin o Ven, 26/06/2015 - 14:19A ANPA do CPI Conde de Fenosa de Ares, organizou xunto coa colaboración do profesorado, o V CERTAME DE FOTOGRAFÍA" para o alumnado da ESO.
O Tema nesta ocasión era "CURIOSIDADES URBANÍSTICAS DE ARES".
A FOTOGRAFÍA GAÑADORA FOI "UNHA RÚA DE ARES", enviada polo alumno de 1º ESO A, JORGE LONGARELA, ao que lle transmitimos os nosos parabéns.
FESTA DO ENTROIDO
Enviado por admin o Mar, 14/02/2012 - 22:25O vindeiro Venres 17 de febreiro vaise celebrar o Entroido no noso centro.
A ANPA colabora na realización das orellas o xoves na Cociña do noso centro ás 17:30h para, posteriormente o venres, entregarllas ao noso alumnado nos recreos.
O venres o alumnado e profesorado de Infantil e Primaria disfrazaranse e percorrerán as rúas de Ares. A saída do noso centro adiantarase ás 13:30h.
Contacto
Enviado por admin o Ven, 18/03/2011 - 12:50Se queredes realizar calquera suxerencia ou ben resolver algunhas cuestións estamos á vosa disposición :
- Por correo electrónico: anpadeares@gmail.com
- No noso blog: anpadeares.blogspot.com
- No tfno: 618383083