Física e química

ISÓTOPOS E MASA ATÓMICA

CONSTRÚE O ÁTOMO

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

PROXECTO METEOESCOLAS

O noso centro está participando de forma global, dende Infantil ata a ESO no Proxecto METEOESCOLAS, proxecto que desenvolveu o profesor de Física e Química, Jorge Gutierrez Maroto coas medidas de datos metereolóxicos por parte do alumnado de ESO e publicándoas na web.


Os obxectivos deste proxecto son:


- Desenvolver nos alumnos a capacidade de recoller e interpretar datos meteorolóxicos


- Poder crear e analizar as tablas cos datos recollidos, destacando os datos principais


- Publicar os datos escollidos e comunicarllos a toda a comunidade educativa na páxina web do centro, así como facerllos chegar a toda a vila, mediante a súa exposición pública.


- Ser capaces de elaborar cos datos recollidos distintos tipos de gráficas, como climogramas ou diagramas de barras, que podan ser traballados noutras áreas de coñecemento.


- Coñecer como inflúen as variacións das variables medidas no tempo atmosférico.


A maioría do alumnado e profesorado  do centro está implicado no proxecto. Cada curso ou ciclo realiza actividades relacionadas coa metereoloxía adaptadas ao seu nivel.


Podedes visualizar a continunación unha mostra do traballo realizado :


  MeteoEscolas_3ºCiclo on PhotoPeach Alumnado do 2º ciclo de primaria:


MeteoEscolas_2ºciclo on PhotoPeach


O noso proxecto en Educación Infantil, ¡ que ben traballan!:


 


22 de marzo: "Día Mundial do Control da Calidade da Auga"

O Día 22 de marzo celébrase o "Día Mundial do Control da Calidade da Auga". O curso pasado 20 alumnos de 3º ESO participaron co profesor de física e química, Jorge Gutierrez Maroto.

A información da memoria de actividades realizadas no 2012 pódense visualizar no seguinte enlace:

 

http://www.dmcca.es/documentum/publicaciones/MEMORIA2012.pdf

O mapa de participantes no 2012 tamén pódese visualizar no seguinte enlace (picade na Coruña e aparece unha ventá do control da auga de Fontelide):

 

http://dmcca.es/mapa2012grande.html

 

 

O vindeiro 22 de marzo tamén vai participar ó alumnado de 4º de ESo co profesor de física e química.

 

Bo traballo.

TEMPO EN ARES

Xa está de novo funcionando a nosa estación metereolóxica, grazas ao traballo do noso compañeiro, Jorge Gutierrez Maroto, profesor de Física e Química na ESO. Polo tanto, podedes visualizar a información metereolóxica en Ares no enlace da parte dereita da nosa páxina.

Distribuir contido