SPRING WEEK

O CPI As Mirandas, a través da proposta da profesora de L. Inglesa, apostou por solicitar o Programa Spring

Week ofertado pola  Consellería de Cultura e Educación que consiste consiste nun curso de inmersión

lingüística en lingua inglesa durante o cal o alumnado practicará e mellorará o seu dominio do idioma

dende un enfoque comunicativo, especialmente oral.

O Programa é de 6 días de duración, entrada o domingo (30 de abril) pola tarde ás 16:30h e saída o

sábado (6 de maio) pola mañá ás 11:00h para o alumnado de 3º ESO B.

O inglés será a única lingua vehicular que se empregará co alumnado, do mesmo xeito, todas as sinalizacións,

así como a información sobre os menús diarios ou calquera outra información relativa ao funcionamento do

programa, farase en inglés.

A diario realizarán distintos tipos de actividades:

Actividades de preparación: recollida preliminar de información e datos sobre o tema do día.

Actividades prácticas sobre o tema do día a través de obradoiros que poderán realizarse ao longo da estadía

Actividades de posta en común.

Período de xogos, deporte, etc, en grupo, en lingua inglesa.

Elaboración dun produto final colectivo. O programa finaliza cunha produción oral colectiva en lingua inglesa

do grupo asistente. Esta produción pode servir para expoñela a outros cursos do colexio ao seu regreso.

Non se impartirán clases formais de gramática inglesa, se ben algunha ou algunhas actividades que se

programen diariamente servirán de soporte para traballar nas aulas vocabulario e outras estruturas necesarias

para a expresión oral.

 

Durante toda a estadía e con posterioridade á cea, organizaranse actividades de velada dinámicas e en

lingua inglesa, nas que participará todo o grupo.

Este programa é totalmente gratuíto para o alumnado.

O horario de comunicación do alumnado coas familias, será das 20:00 a 21:00 h.

Máis información nos dous arquivos anexos, e no seguinte enlace:

AdxuntoTamaño
SpringWeek_-Manual-DEFINITIVO_.pdf3.84 MB
1.SPRING WEEK 2023 - 8 E 9 MARZO .pdf1.64 MB