CONCURSO: "DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"

Aviso importante: 

 

A ANPA amplía o prazo de entrega de ideas para o LOGOTIPO do noso centro ata o día 19 de 

maio de 2016.

A Anpa Ramón Pimentel do CPI Conde de Fenosa xunto coa dirección do centro, tendo en conta

que os días 13,16 e 17 de maio non son lectivos, e para facilitar a presentación de propostas por parte

dos membros da comunidade educativa, acordan, en virtude do disposto no punto 6 das bases que rixen

o dito concurso, AMPLIAR O PRAZO de presentación de propostas ata o xoves 19.05.2016 ás

15:59 h. 

 

 

CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE

 

 

A ANPA en colaboración coa Dirección do CPI Conde de Fenosa, convocan o concurso para o deseño do

logotipo destinado a ser a imaxe representativa do noso centro unha vez aprobado polo Consello

Escolar, Concello, visto bo da Inspección e pendente de aprobación por parte da Consellería o cambio do

nome do centro polo de CPI “AS MIRANDAS”.

 

Nos seguintes arquivos podedes consultar as Bases do Concurso e o Anexo I para a inscrición.

 

 

 

Animamos a toda a comunidade educativa a participar!

AdxuntoTamaño
BASES CONCURSO LOGOTIPO.pdf134.12 KB
FOLLA DE INSCRICIÓN NO CONCURSO LOGOTIPO.pdf28.87 KB