Secretaría, Documentos do centro, Autorizacións

RENOVACIÓN PARCIAL DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Tralas eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello escolar, o pasado día 2 de decembro en ssesión extraordinaria constituíse o novo Consello Escolar e as súas comisións.

CONSELLO ESCOLAR 2014

 

Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.3 da Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 01.10.2014) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa e artigo 39 do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procédese a unha nova reunión da xunta electoral o día 17 de novembro ás 13:00h no despacho de Dirección , onde ten lugar:

  • A proclamación da lista de candidatos presentados para a súa elección dos diferentes membros compoñentes do Consello Escolar:
    • Candidatura de representante das familias, Dna. Ángela Cartelle Gelpi.
    • Candidaturas de 5 profesores: (Ana, Arnoso Fabal, Marina Sánchez Magariños, José Luis Casás Fachal, Mª Josefa Seijo Bellón e Montserrat Guillamó Dieste). 
    • O alumnado e o persoal non docente non presentaron candidaturas.

 

  •  O sorteo público   dos membros que constituirán a Mesa Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos representantes das familias no Consello Escolar deste Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares que se constituirá  o vindeiro martes 25 de novembro na entrada das oficinas adiministrativas para levar a cabo a votación dende as 16:30 ata as 19:30h.

 

ACTA DA XUNTA ELECTORAL

 

 

 

 

Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.2 da Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 01.10.2014) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, procédese o día 29 de outubro ás 12:30h , ao sorteo público,  no despacho de Dirección,  dos membros que constituirán a Xunta Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos membros compoñentes do Consello Escolar deste Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.

A Dirección informa que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar realizaranse entre os días 24 ao 28 de novembro.

Nesta renovación parcial quedan implicados nos distintos sectores :

  • Renovación de 3 profesores/as.
  • Renovación de 2 representantes das familias do alumnado (1 por renovación e 1 por estar vacante).
  • Renovación de 1 representante do alumnado (posto actualmente vacante).
  • Renovación de 1 representante do persoal non docente (posto actualmente vacante).

 

Unha vez constituída a xunta electoral o xoves 6 de novembro ás 11:30h., estableceuse oo seguinte:

LISTADO PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR. CURSO 2014-2015

A Dirección do CPI Conde de Fenosa publica o listado provsional de comedor para o curso 2014-2015 aprobado no Consello Escolar do día 10 de setembro de 2014, tras detectar un erro e por mor dun aumento de 20 prazas de comedor concedidas pola Consellería.

Ante esta publicación ábrese, segundo a lexislación vixente,  un período de 5 días para posibles reclamacións.

O vindeiro martes 15 de setemebro  sairá  publicado o Listado Definitivo.

 

APERTURA CURSO ESCOLAR 2014-2015

Na vindeira semana comeza o novo curso escolar coa seguinte planificación:

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

  • PRESENTACIÓN o mércores,10  de setembro de 11 a 12h
    • As familias de Educación Infantil de 3 anos terán unha reunión coas titoras nas respectivas aulas, sen os nenos.
    • As familias de 1º e 2º de Primaria terán reunión de presentación ás 11:30h cos titores/as nas súas aulas (os alumnos entrarían ás 11:00h).
  • O día 10 non haberá comedor pero sí transporte.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBREIGATORIA

  • PRESENTACIÓN o día 15 de setembro de 13:30 a 14:30h. 
    • Non haberá clase pola tarde pero sí comedor.

O alumnado de transporte deberá estar nas paradas do bus media hora antes.

 

COMEDOR ESCOLAR

  • O luns 8 de setembro saíran publicadas, a última hora da mañá, as listas provisionais de usuarios de comedor escolar aprobadas no Consello Escolar dese día.
  • Contra esta publicación hai un prazo de 5 días para reclamacións.
  • O día 15 resolverase o listado definitivo.

 

 

LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Ponse a disposición da Comunidade educativa o listado de libros de texto aprobados polo Consello Escolar.

Informar ás familias que os libros son os memos que os do curso anterior, agás as seguintes excepcións:

  • Incorpóranse novos libros de texto en 3º de Primaria (deterioro dos anteriores e esgotado o tempo >6cursos)
  • Elimínanse os libros de texto de L. Galega e de Coñecemento de 1º e 2º de E.P.
  • Elimínanse os libros de texto de Música e Plástica en toda Primaria.
  • Incorpórase un libro de texto en 3º ESO (Nova  Sección Bilingüe) de Bioloxía e Xeoloxía e a Bª e Xª Non sección Bilingüe sen libro de texto.

Toda a información no seguinte enlace:

LIBROS DE TEXTO curso 2014-2015

AXUDAS LIBROS TEXTO 2014-2015

A Dirección do CPI Conde de Fenosa informa que saíu publicada no DOG do día 30 de maio  a ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15as axudas para adquisición de libros de texto .

Dentro das principais novidades da convocatoria cabe destacar:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2.  O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

 

Toda a información no seguinte enlace:

AXUDAS LIBROS DE TEXTO

e nas páxinas web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no seguinte enlace:

Axudaslibros-Consellería

GRATUIDADE SOLIDARIA (Toda a información)

IMPRESO SOLICITUDE

 

 

 

ADMISIÓN. CURSO 2014-2015

Listas definitivas de novo alumnado admitido para o curso 2014-2015

 

No seguinte enlace podedes consultar o listado do alumnado admitido para o curso 2014-2015 aprobado no Consello Escolar, son as mesmas que as provisionais xa que non houbo reclamacións.

LISTADO DEFINITVO DE ADMITIDOS

 

A Formalización de matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño en Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo en Secundaria.

 

 

 

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2014 – 15

  E. INFANTIL – PRIMARIA – SECUNDARIA

 (SÓ PARA OS DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO)

 PRAZO:     DO 1 AO 20 DE MARZO.

DÍAS LECTIVOS: DE  9,30 a 13,30h.

LUGAR:    OFICINAS DO CENTRO

DOCUMENTACIÓN:

·        

IMPRESO DE SOLICITUDE (pódese obter no centro, na páx. Web do mesmo ou na

  da Consellería: http://www.edu.xunta.es/web/node/8858 ,  Inicialmente só pediremos as páxinas 1 e 2 do impreso).

·        

DÚAS FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ.

·        

CERTIFICADO OU VOLANTE DE EMPADROAMENTO DO CONCELLO.

·        

FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA (todas as follas inscritas).

·        

FOTOCOPIAS DNIs.  DOS PAIS E DO/A ALUMNO/A (se ten).

·        

FOTOCOPIA DO DOCUMENTO DO SEGURO MÉDICO.

·        

SETENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso).

·        

XUSTIFICANTE DAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS (se é o caso).

·        

CERTIFICADO DE MATRÍCULA DO CENTRO ANTERIOR (se é por traslado).

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información relativa a este proceso, así como nos taboleiros do centro. 

LISTADO PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR 2013-2014

O Consello escolar en sesión ordinaria o día 9 de setembro, aproba a lista de usuarios de comedor que presentamos no arquivo adxunto:

APERTURA CURSO ESCOLAR 2013-2014

                                                                                                                                                                                                             APERTURA CURSO 2013-2014 

 
 
 
  •  
    • EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 
 
  • DÍA 11 SETEMBRO,MÉRCORES, de 11:00 a 12:00h.


 

  • Os pais/nais de Educación Infantil de 3 anos terán reunión ás 11 h. coas respectivas titoras nas súas aulas, sen nenos.

 

  • Os pais/nais de 1º ciclo (1º e 2º) de Primaria terán reunión ás 11:30 h. coas respectivas titoras nas súas aulas.

 

  • Os pais/nais de 2º ciclo (3º e 4º) de Primaria terán reunión ás 11 h. cos respectivos titores/as nas súas aulas.

 

  • Os alumnos/as de transporte deberán estar nas paradas do bus media hora antes.

  • TODO O ALUMNADO ENTRARÁ ÁS 11 HORAS, AGÁS O DE 3 ANOS QUE NON TEN QUE VIR. Non haberá comedor, pero sí transporte.

 
 
  •  
    • EDUCACIÓN  SECUNDARIA

 
 
  •  Presentación o luns 16 de setembro de 13:30 a 14:30h.(haberá transporte e comedor).

INFORMACIÓN RELATIVA AO CURSO 2013-2014

 

A Direción do CPI Conde de Fenosa informa das novas normas cara o curso 2013-2014.

          No noso centro está previsto o inicio do curso escolar nas seguintes datas pendentes de confirmación da hora.

    • En infantil e primaria, o día 11 de setembro realizarase a presetación (haberá transporte e non comedor).
    • En secundaria, o día 16 de setembro (haberá transporte e comedor )

 

 

 

LIBROS DE TEXTO 2013-2014

A Dirección adxunta o listado dos libros de texto aprobados polo claustro de profesorado que se van a empregar no curso escolar 2013-2014.

 

TEXTOS 2013-2014

Distribuir contido