RENOVACIÓN PARCIAL DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Tralas eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello escolar, o pasado día 2 de decembro en ssesión extraordinaria constituíse o novo Consello Escolar e as súas comisións.

CONSELLO ESCOLAR 2014

 

Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.3 da Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 01.10.2014) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa e artigo 39 do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procédese a unha nova reunión da xunta electoral o día 17 de novembro ás 13:00h no despacho de Dirección , onde ten lugar:

  • A proclamación da lista de candidatos presentados para a súa elección dos diferentes membros compoñentes do Consello Escolar:
    • Candidatura de representante das familias, Dna. Ángela Cartelle Gelpi.
    • Candidaturas de 5 profesores: (Ana, Arnoso Fabal, Marina Sánchez Magariños, José Luis Casás Fachal, Mª Josefa Seijo Bellón e Montserrat Guillamó Dieste). 
    • O alumnado e o persoal non docente non presentaron candidaturas.

 

  •  O sorteo público   dos membros que constituirán a Mesa Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos representantes das familias no Consello Escolar deste Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares que se constituirá  o vindeiro martes 25 de novembro na entrada das oficinas adiministrativas para levar a cabo a votación dende as 16:30 ata as 19:30h.

 

ACTA DA XUNTA ELECTORAL

 

 

 

 

Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.2 da Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 01.10.2014) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, procédese o día 29 de outubro ás 12:30h , ao sorteo público,  no despacho de Dirección,  dos membros que constituirán a Xunta Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos membros compoñentes do Consello Escolar deste Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.

A Dirección informa que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar realizaranse entre os días 24 ao 28 de novembro.

Nesta renovación parcial quedan implicados nos distintos sectores :

  • Renovación de 3 profesores/as.
  • Renovación de 2 representantes das familias do alumnado (1 por renovación e 1 por estar vacante).
  • Renovación de 1 representante do alumnado (posto actualmente vacante).
  • Renovación de 1 representante do persoal non docente (posto actualmente vacante).

 

Unha vez constituída a xunta electoral o xoves 6 de novembro ás 11:30h., estableceuse oo seguinte: