Skip to Content

BECAS NEAE 2024

O hórreo feito no noso centro

 Aquí tedes esta obra de traballo feito no noso centro vai anos, pero que parece que foi onte:

E que chulo queda no Porto do Molle

O CPI Plur. Arquitecto Palacios despide a Alfonso Álvarez Cáccamo 2024

 

 

 

O colexio de Panxón despide a Alfonso Álvarez Cáccamo co cariño da que foi «a súa familia»

 

 Onte (23 de Abril do 2024), no CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón, antes CPI de Panxón e antes ISM de Panxón, fogar de Alfonso durante case toda a súa carreira profesional, «o escritor recibiu a primeira de moitas homenaxes que virán». Ningún dos alumnos de hoxe tivo unha clase con el, pero entre eles estaban sentados a súa filla, o seu irmán, a súa compañeira e amigos. Nas súas palabras Alfonso reviviu co seu sorriso. «Porque se meu pai estivera aquí... Todos estaríamos de troula», anunciou a súa filla.

Nova COMPLETA: ENLACE

Alumnado de Manchester do CPI Arquitecto Palacios e do CEIP Mallón - 2024

 

 

Alumnado de Manchester no CPI Arquitecto Palacios e CEIP Mallón participa nunha xornada de reforestación

 O Concello de Nigrán ofreceu esta mañá unha xornada de reforestación no parque forestal Os Matos-Río Táboas ao alumnado do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e CEIP de Mallón coincidindo coa presencia de 26 estudantes de Manchester en ambos os dous centros educativos.

Nova COMPLETA: ENLACE

EDLG - V Concurso micropoemas Beatriz da Serra - 2024

A data límite

para a presentaciónde poemas

é o 17 de maio ata ás 23:59 horas

Doazón de Sangue 2024 - Grazas a tod@s

 O martes 16 de abril unha unidade móbil de doazón de sangue estivo no recinto escolar do CEE de Panxón e do CPI Plurilingüe Arquiecto Palacios.

Os resultados:

Conseguiuse: 42 persoas pero non todas poideron doar por cuestións varias, doando en total 39 persoas.

A ver se o ano que ven rompemos o record

Prabéns a tod@s !!!!!

 

 

GRAZAS !!!!!

Doazón de Sangue 2024 - a polos 70 doantes

 

 

A comunidade educativa de Panxón (formada polo CPI Arquitecto Palacios, Escola Infantil As Dunas e CEE de Panxón) repite este martes 16 de abril a súa campaña solidaria de doazón de sangue co reto de acadar os 70 doantes, 11 máis que no 2023. Con este propósito, o Concello de Nigrán colabora para que mañá estea no recinto escolar (Camiño dos Lagos s/n) unha unidade móbil de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.

Nova COMPLETA: ENLACE

O alumnado de intercambio e o noso centro 2024

 

O Concello de Nigrán recibe ao alumnado de Francia de intercambio no CPI Plur. Arquitecto Palacios 

 

 O alcalde de Nigrán onte recibiu no Salón de Plenos do Concello ao alumnado de Francia actualmente en intercambio co CPI Arquitecto Palacios e aos seus anfitrións.

 

Nova COMPLETA: ENLACE

 

  

O alcalde de Nigrán recibiu onte no Salón de Plenos do Concello ao alumnado de Francia actualmente en intercambio co CPI Arquitecto Palacios e aos seus anfitrións. 

Nova COMPLETA: ENLACE

 

 

 

Im Memoriam: Alfonso Álvarez Cáccamo

   Toda a comunidad educativa do CPI Plur. Arquitecto Palacios está de loito. O noso compañeiro por máis de 30 anos, escritor e colaborador na prensa galega, díxonos  adeus.
   Fillo  de Xosé María Álvarez Blázquez , galeguista  escollido para dar none a nosa biblioteca; foi recoñecido con varios premios literarios cos  que se recollecía a súa calidade narrativa, o seu traballo e o gusto polo uso da nosa Lingua.
   Todos agradecemos o haber podido compartir co noso compañeiro tan bos momentos.
                                          Botarémoste de menos !!

https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/c519d0cf-ca61-498e-b4ce-e4502d03e0b4_16-9-aspect-ratio_default_1286213.webp

Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 2024, foi un escritor e profesor galego.

A aplitude do seu traballo se pode consultar aquí.

 

A prensa escrita faise eco do pasamento e ven de agasallar polo seu traballo ao escritor e que foi profesor do noso centro.

https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/statics/img/170-aniversario-vigo/170-fdv-2x.png

Falece o escritor e exprofesor Alfonso Álvarez Cáccamo, gañador do Xerais 1990

 

Adeus a un dos "bos e xenerosos"

Familiares, amigos e persoeiros da cultura e do galeguismo despediron o escritor e profesor Alfonso Álvarez Cáccamo nun acto civil que tivo lugar no cemiterio vigués de Pereiró.

 

Adeus a Alfonso Álvarez Cáccamo, o escritor que seguiu o ronsel cultural dos grandes galeguistas

Muere en Vigo el escritor y profesor Alfonso Álvarez Cáccamo.

 

Aprender doutros para ensinar mellor

 

   Os xornais de Galicia dan información da participación do noso centro e outros no programa Observa_Acción, iniciativa da Xunta, a través de la consellería de educación, que procura mellorar as competencias profesionais a partir do intercambio de experiencias entre o profesorado.

 

Xornada de experiencias educativas en Coristanco

O Abaladoiro | Coristanco acogió profesorado visitante de dos centros, situados en Nigrán y Baiona co gallo do programa da Consellería de Educación: Observa-Acción.

 

Nova COMPLETA: ENLACE

 

 

Xornada de experiencias educativas en Panxón

Profesorado de varios centros educativos compartiron onte unha xornada de experiencias educativas en Panxón dentro do programa da Consellería de Educación: Observa-Acción.

Nova COMPLETA: ENLACE

 

Baiona recibe a profesorado participante no programa Observa_Acción

 

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a Concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, recibiron no salón de plenos do Concello a un grupo de profesores dos centros que participan no programa da Consellería de Educación:  Observa-Acción.

Nova COMPLETA: ENLACE

 

 

 

 

O noso centro en Ponte....nas Ondas 2024

Feliz día mundial da Radio !!!!

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán) para o Día Mundial da Radio 2024

Podedes escoitar o programa radiofónico do centro, especial para este día, e que temos que agradecer a colaboración das persoas entrevistadas. Para iso premede aquí ENLACE que vos levará á páxina de Escolas nas Ondas, do grupo de traballo de Ponte .... nas ondas que son os argalleiros aos que tamén felicitamos e a todos os centros participantes de Galiza e Portugal. Os nosos parabéns para todo o grupo da radio do CPI, sodes unhos fenómenos.

Benvid@s ao voso-noso Cole!!!!

Invitámosvos a ver o noso video de

 
panfleto - TRIPTICO
 

NIgrán, a un paso de obter o título de Cidade Amiga da Infancia

 

Una escuela en la maleta» | Escuela Infantil La Toba Escudo de Nigrán
     

  A participación onte da xuventude de Nigrán no Parlamento de Galicia, co gallo do XI Foro Infantil de Unicef, viu acompañada dunha ledicia: o Concello de Nigrán está a un só paso de ser Cidade Amiga da Infancia.

 O noso centro participa no Consello Escolar do Concello de Nigrán coa participación de Nael Ramilo Colmenero de 4º Primaria e de Pablo Pérez Cuntín de 1º de ESO.

 

 

Podedes ler a nova completa aquí: 

ENLACE

 

 

 

 

 

Presentación do libro: ‘O legado de Antonio Palacios’

Actividade no noso centro
ENLACE
Distribuir contido


 

 

 

by Dr. Radut