Skip to Content

Secretaría

Aquí podedes ver a lista de todos os libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2023-24.

Libros de Texto para Secundaria curso 2023-24

Relación de material e Libros de Texto para Primaria  curso 2023-24

Os libros das áreas optativas de 4º da ESO e os libros de Tecnoloxía non se deben comprar ata que o indique o profesor e de igual xeito os libros de inglés (Student’s Book de 3º e 4º de ESO) non deben mercarse xa que son dixitais, agardar ao comezo de curso.

rematará o día 21 de xuño

Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

A Xunta abre dende hoxe sábado o prazo para solicitude para axudas na adquisición de libros e material. Preferentemente podedes facelo na aplicación de fondo libros co voso certificado dixital ou a Chave 365. Tamén podedes solicitar o documento ED330B no cole ou descargalo no seguinte enlace dende aquí. Unha vez cumplimentado podedes envialo por email ou entregalo presencialmente. Moitas grazas e saúdos.
 O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).
O enlace da nova da Consellería de Educación - Xunta

Entre o 1 e o 21 de marzo estará aberto o prazo de admisión

nos centros escolares para o curso 2022/23

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra

por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil,

Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro

escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

 

Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación

informática creada para tal fin no Portal Educativo

ENLACE

 

Listado de vacantes

 

 para o curso 22-23

 

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQRi3KWXPrE50pD2tAdowbycugjXfaz1MiQcPmdeCEMf9u6ZCMeUtmZSq7C4VN8wyxBCA&usqp=CAU  


Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Periodo de  Reserva de Matrícula do

 

alumnado do centro e dos centros adscritos

para o vindeiro curso

 

2022 - 2023

 

Boa tarde, 

    Agardamos que vos atopedes ben.

Comezou o proceso de reserva de praza no centro que vai do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro. Podedes realizalo de diversas maneiras:

     1. Entrando e abrindo a aplicación Admisión Alumnado (con chave 365 ou certificado dixital) podedes realizalo dixitalmente.

      2. Podedes ir á aplicación Admisión Alumnado e está na páxina inicial o modelo de documento de reserva de praza que podedes descargar e cubrir no voso ordenador (é un pdf editable). Unha vez rematedes de cubrilo, teredes que imprimilo asinalo e entregalo ao centro (por correo electrónico ou presencialmente con cita previa).

       3. Adxunto enviamos o documento de reserva de praza para o Alumnado do Centro, que teredes que imprimir para cubrilo, asinalo, escanealo e reenvialo ao correo do centro: cpi.arquitectopalacios@edu.xunta.gal ou entregalo presencialmente con cita previa. 

 Non editable:  MODELO

En formato editable: SOLICITUDE

    Se tedes algunha dúbida, dificultade, ou problemas para facelo deste xeito, podedes poñervos en contacto connosco tanto no correo anterior como no teléfono 986365963. 

    As fotografías tamaño carnet poden ser entregadas polo Alumnado aos titores ou secretaría ou ben escaneadas ao correo do centro. 

Moitas grazas

unha vez baixadas e cuberta a solicitude, xunto cos escaneados (en pdf) dos seus documentos que desexe mandar, prema neste enlace para facilitarlle a tarefa de envío.   ENLACE
Distribuir contido


 

 

 

by Dr. Radut