Skip to Content

Reserva Matrícula curso 2022-2023

Ramón López Fernández
https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQRi3KWXPrE50pD2tAdowbycugjXfaz1MiQcPmdeCEMf9u6ZCMeUtmZSq7C4VN8wyxBCA&usqp=CAU  


Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Periodo de  Reserva de Matrícula do

 

alumnado do centro e dos centros adscritos

para o vindeiro curso

 

2022 - 2023

 

Boa tarde, 

    Agardamos que vos atopedes ben.

Comezou o proceso de reserva de praza no centro que vai do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro. Podedes realizalo de diversas maneiras:

     1. Entrando e abrindo a aplicación Admisión Alumnado (con chave 365 ou certificado dixital) podedes realizalo dixitalmente.

      2. Podedes ir á aplicación Admisión Alumnado e está na páxina inicial o modelo de documento de reserva de praza que podedes descargar e cubrir no voso ordenador (é un pdf editable). Unha vez rematedes de cubrilo, teredes que imprimilo asinalo e entregalo ao centro (por correo electrónico ou presencialmente con cita previa).

       3. Adxunto enviamos o documento de reserva de praza para o Alumnado do Centro, que teredes que imprimir para cubrilo, asinalo, escanealo e reenvialo ao correo do centro: cpi.arquitectopalacios@edu.xunta.gal ou entregalo presencialmente con cita previa. 

 Non editable:  MODELO

En formato editable: SOLICITUDE

    Se tedes algunha dúbida, dificultade, ou problemas para facelo deste xeito, podedes poñervos en contacto connosco tanto no correo anterior como no teléfono 986365963. 

    As fotografías tamaño carnet poden ser entregadas polo Alumnado aos titores ou secretaría ou ben escaneadas ao correo do centro. 

Moitas grazas

unha vez baixadas e cuberta a solicitude, xunto cos escaneados (en pdf) dos seus documentos que desexe mandar, prema neste enlace para facilitarlle a tarefa de envío.   ENLACE


 

 

 

page | by Dr. Radut