Skip to Content

19 de Outubro - Dia de loita contra o cancro de Mama

 

Fronte o cancro de Mama,

un sonriso afectuoso e cheo de esperanza para tod@s

O parque forestal de Chandebrito e o alumnado

O alumnado de 4º ESO do CPI Plur. Arquitecto Palacios e outras persoas limpan o monte de Chandebrito
 

   O pasado venres 4 de outubro o alumnado de 4° da ESO do noso centro e o do IES ValMiñor e Escolas Proval foron a un monte de Chandebrito arrincar eucaliptos. A actividade estivo organizada polo Concello de Nigrán e  por unha asociación de protección do medioambiente. Estivo presente o alcalde de Nigrán e dous representantes da asociación medioambiental, que lle deu unha charla informativa ao alumnado antes de que empezasen a arrincar eucaliptos. Cando remataron déronlles botellíns de auga e froita para repoñer forzas. No bosque onde se arrincaron os eucaliptos van facer unha plantación de árbores autóctonas.

 Aproveitando a ocasión para recoller lixo e deixar o entorno o máis limpo e fermoso do que o atoparon.

   Hoxe domingo 13 faise a conmemoración do VII aniversario dos incendios que devastaron os montes das parroquias de Camos e Chandebrito (Faro de Vigo, Telemariñas e Val Miñor tv).

Grazas a tod@s, así se cuida o que é noso en préstamo e que temos que legar aos que veñen trás nosa.

 

ENLACES:

a nova en Telemariñas

a nova en Val Miñor TV

 

Díptico do Curso 24-25

Díptico do noso centro onde pode atopar moita da información que precisa

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2024-25

Aquí podedes ver a lista de todos os libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2024-25.

 

Relación de material e Libros de Texto para Primaria  curso 2024-25

 

Libros de Texto para Secundaria curso 2024-25

 

Os libros das áreas optativas de 4º da ESO non se deben comprar ata que o indique o profesor e de igual xeito os libros de inglés (Student’s Book de 3º e 4º de ESO) non deben mercarse xa que son dixitais, agardar ao comezo de curso.

Curso 2024-25 : Formulario COMEDOR e BUS

 

Aquí tedes o formulario a cubrir

para solicitar o servizo de bus

para o curso 2024-25

Prazo:

 dende o 2 de xullo do 2024

Por mellora do servizo, recoméndase cubrilos e envialos canto antes. Grazas

 

Terá que completar o seguite PDF e envialo ao centro:

Solicitude BUS - COMEDOR

Autodeclaración COMEDOR

Ten que baixalo e completalo no seu pc/móbil

Unha vez completada a solicitude pode remitila ao centro polo e-mail:

cpi.arquitectopalacios@edu.xunta.es

Podedes entregalos de forma fí­sica no centro ou a traves do correo do centro.

Distribuir contido


 

 

 

by Dr. Radut