BECAS EUROLINGUA
No seguinte enlace pódese ver a información sobre as Becas Eurolingua, destinadas ao alumnado a partir de 3º de ESO para realizar un curso de inglés en Irlanda.
I TORNEO PRE-FEILE GAÉLICO ESCOLAS
O Sábado 23 de marzo, o noso centro participou co equipo Gaélico O Forte de Boqueixón que xestiona a ANPA do noso centro, no I Torneo pre-feile Gaélico Escolas, que tivo lugar nas instalacións deportivas do Concello de Boqueixón.
Xunto co equipo de Boqueixón participaron o IES Xelmirez I, o Keltoi Montecastelo, os Esquíos F.G, e o Resío Turonia. Os nosos foron gañando partidos ata chegar á final onde se enfrontaron ao Keltoi nun encontro no que resultaron vencedores.
Logo da entrega de medallas e trofeos, tiveron un terceiro tempo no que recuperaron forzas cos petiscos xentileza da ANPA O Forte.
A seguinte cita será no European Feile, campionato de Europa en idade infantil e cadete, que desta volta se celebrará en Vigo o 27 de abril.
Grazas ao Concello de Boqueixón por estar sempre disposto a cedernos as instalacións e por financiar as equipacións que estrearon os nosos rapaces e rapazas.
ADMISIÓN CURSO 2024/25
Solicitudes de admisión curso 2024/25:
- 4º curso de Educación secundaria Obrigatoria: todas as solicitudes están ADMITIDAS
- 5º curso de Educación primaria: Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, hai que BAREMAR.
- 1º curso de Educación primaria:Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, hai que BAREMAR.
- 4º curso de Educación Infantil:Presentáronse máis solicitudes que prazas ofertadas, hai que BAREMAR.
Prazo voluntario de presentación de documentación para os criterios alegados: Do 22 de marzo ao 4 de abril
Os días 24, 25, 26 de marzo e 1 de abril, a presentación da documentación e calquer tipo de consulta ao respecto do procedemento, farase a través do correo electrónico cpi.antonio.orza.couto@edu.xunta.gal
Os días 2, 3 e 4 de abril poderase facer de forma presencial na secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00, ou a través do mesmo correo electrónico.
A dirección
BOLSAS MEC PARA ESTUDIOS POST OBRIGATORIOS
O Ministerio de Educación vén de abrir o prazo para solicitar a bolsa de estudos postobrigatorios.
O alumnado que no curso 2024-25 curse bacharelato ou ciclo de Formación Profesional (alumnado de 4º de ESO), deberá solicitala.
Lembramos que para esa etapa educativa postobrigatoria non hai a axuda para adquisión de libros de texto da Xunta.
Calqueira dúbida, poden poñerse en contacto coa secretaría do centro.
BOLETÍNS DA 2ª AVALIACIÓN
Prezadas familias:
Por acordo tomado na Comisión de Coordinación Pedagóxica do 26 de febreiro de 2024, no sucesivo, deixaremos de enviar os boletíns de notas do alumnado en papel e únicamente estarán dispoñibles para as familias a través da aplicación abalarmóbil.
Se algunha familia ten dificultades para obtelas do xeito indicado, que se poña en contacto coa secretaría do centro.
As notas da segunda avaliación publicaranse o venres 22 de marzo ás 14:00h.
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO
Os días 10 e 11 de abril desenvolverase nos centros educativos de Galicia a avaliación de diagnóstico. Nos seguintes enlaces pódese atopar toda a información.
Acreditación das competencias dixitais
A Consellería de Educación ofrece un exame para acreditar a competencia dixital do alumnado de 4ºESO. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 23-24 recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Esta acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
O prazo de matrícula remata o venres 15 de marzo.
Para máis información podedes premer nesta ligazón.
PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO. CURSO 2024/25
SESIÓN DE CINE EN CINESA AS CANCELAS 3º E 4º ESO. NAPOLEÓN
A semana pasada o alumnado de 3º e 4º de ESO disfrutou dunha sesión de cine en Santiago de Compostela.
A saída, organizada polo departamento de Xeografía e Historia do centro, consistiu no visionado da película sobre a vida de Napoleón Bonaparte nun pase privado nas salas de CINESA As Cancelas.
TORNEO INTERCENTROS DE BÁDMINTON 3º E 4º ESO. XOGADE
O pasado martes 5 de marzo o alumnado de 3º e 4º ESO participou nun torneo intercentros de bádminton enmarcado dentro do programa XOGADE que tivo lugar no CPI Viaño Pequeno de Trazo
No torneo participaron o noso centro, o CPI Viaño pequeno, o CPI Camiño de Santiago de Arca e o Fonte Díaz de Touro
Os rapaces e rapazas pasaron unha xornada de convivencia e competición na que as alumnas de 4º de ESO Cayetana Rey e Ainoa Rouco conseguiron un meritorio 3º posto na súa categoría.
Aquí tedes un enlace a unha presentación que fixo a profesora acompañante Loaira Sánchez con fotos da xornada
https://www.canva.com/design/DAF-0__d7SQ/lWa-wd0hb98tRGLVuvFlzA/edit?utm_content=DAF-0__d7SQ&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton
TORNEO ESCOLAR INTERCENTROS BALONCESTO 3X3 XOGADE
Gran xornada de baloncesto no CPI Viaño Pequeno.
Centros participantes CPI Orza Couto Boqueixon, CPI Fonte Díaz TOURO y el CPI Viaño Pequeno de Trazo.
Puestos:
Boqueixón: 1º y 3º en 1 de ESO
Boqueixón: 1º en 2º ESO
Noraboa rapaces
RESERVA DE PRAZA CENTROS ADSCRITOS CURSO 2024/25
En relación co proceso de Reserva de praza para o curso 2024/2025 neste centro desde os centros adscritos (Unitarias de Sergude e Camporrapado do CRA Boqueixón-Vedra), comunicamos que foron presentadas máis solicitudes que prazas existentes polo que todo o alumnado debe realizar o procedemento de admisión.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »