Tal e como se recolle na Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C), a Consellería de Educación vén de abrir o procedemento de Reserva de praza en centros adscritos. (ED550A)
Quen ten que facer este procedemento?
- O alumando do CRA Neira Vilas Boqueixón-Vedra que vaia cursar 1º de Educación Primaria o curso 2024-25 no CPI Antonio Orza Couto.
-O alumnado de 4º de ESO do CPI Antonio Orza Couto que o curso 2024-25 vaia cursar 1º de BACH no IES Pontepedriña ou no IES Lamas de Abade. Aquel alumnado que non queira facer o Bacharelato nalgún destes centros, terá que facer un procedemento diferente (procedemento de Admisión ED550B, do 1 ao 20 de marzo).
Cal é o prazo de presentación?
Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.
Que documentación teño que presentar?
Únicamente o Anexo I- ED550A.
Como fago para presentala?
Temos dúas opcións:
- On line a través da páxina Admisiónalumnado. Para facelo por esta vía é necesario dispoñer de certificado dixital ou chave 365.
- En papel, cubrindo o Anexo I-ED550A
Neste caso, presentarase cuberto:
O alumnado do CRA Neira Vilas, no propio CRA
O alumndo do CPI Antonio Orza Couto, na secretaría do noso centro.
NOTA:
O alumnado de 4º de ESO, o vindeiro luns 15 de xaneiro terá unha reunión informativa co Orientador.
A charla para as familias de 4º de ESO, sobre o futuro académico do alumnado, será o mércores 17 de xaneiro ás 18.00h
Toda a información sobre a charla estará colgada na páxina web do centro.
Aquelas persoas que non poidan asistir, poderán solicitar cita co orientador na semana do 22 ao 26 de xaneiro.