RESERVA DE PRAZA CENTROS ADSCRITOS CURSO 2024/25

En relación co proceso de Reserva de praza para o curso 2024/2025 neste centro desde os centros adscritos (Unitarias de Sergude e Camporrapado do CRA Boqueixón-Vedra), comunicamos que foron presentadas máis solicitudes que prazas existentes polo que todo o alumnado debe realizar o procedemento de admisión.

 

 

24º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL A CAMELIA. CONCELLO DE VEDRA

Os alumnos do noso centro Denis Couto Rodríguez (4º Infantil) e Thiago Carril Miranda (4º Educación Primaria ) veñen de gañar o 1º e o 3º premio respectivamente en cadansúa categoría no 24º Concurso de pintura infantil da Camelia que organiza o Concello de Vedra.

Thiago presentou o seu debuxo a través das Aulas de pintura do Concello de Vedra.

E Denis a través da mestra de plástica do noso centro.

Aquí tedes a obra destes grandes artistas

DENIS COUTO RODRÍGUEZ (CATEGORÍA B 3 ANOS)

Parabéns rapaces

ENTROIDO E AS ORDES DO MECO

A vindeiras semana celebraremos o entroido no noso cole. Deixámosvos aquí os mandadiños, nos que se indica cada día o que debe traer o alumnado o colexio, cada un dos días.

O venres 9, é día de disfraz libre. E nesa data teremos a celebración do entroido, onde haberá festa de disfraces, con desfiles, e actuacións entre as 12:00 e as 14:30.

Teremos tamén degustación de chocolate con churros.

CHARLA INFORMATIVA ORIENTACIÓN

Tagged:  

O prometido é débeda. Aquí vos deixo a presentación da reunión  con todos os vínculos para que poidades ter a información precisa para axudar aos vosos fillos e fillas a encamiñar o seu futuro académico.

Para calquera dúbida estou a vosa disposición no Departamento de Orientación, previa cita.

Antonio Ovidio Carreira

Xefe do Departamento de Orientación

GRANDES MAESTROS DA PINTURA. MUSEO DO PRADO

O xoves 18 de xaneiro, 11 alumos e alumnas da materia de Esprexión Plástica de 4ºESO, realizaron unha saída cultural a Madrid para visitar a Exposición "Grandes Maestros da pintura. Goya, Velazquez e O Greco" no Museo do Prado.

Aproveitaron a viaxe para facer turismo pola Capital do Estado. Rodearon o Congreso dos Diputados, percorreron a Gran Vía nun día no que o tempo metereolóxico os acompañou cun sol radiante.

Unha magoa non ter alongado máis a estancia.  Repetiremos seguro!

Organiza: Departamento de Artes Plásticas 

INFORMACIÓN BONO DEPORTE

PINCHA NA IMAXE PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN

CULB DE LECTURA PARA ADULTOS

Dende o CPIP Antonio Orza Couto e a súa Biblioteca Xosé Neira Vilas, queremos convidar a

toda a comunidade educativa a que forme parte do club de lectura de adultos que arranca

coa lectura da obra literaria Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arancha Portabales.

Aínda que é un libro publicado xa en 2017 pola editorial Galaxia, a súa lectura non deixa de

impresionar e gustar pola súa vixencia e identificación coa sociedade actual.

Podedes avisar no centro para que fagamos unha estimación dos e das que ides participar no

encontro que faremos para comentar o libro alá polos meses de marzo ou abril e que

agardamospoida traer algunha sorpresiña.

Animádevos a participar coa lectura que poidades facer, aos poucos ou moitos, e que os nosos

pequenos e pequenas nos vexan como exemplo de comunidade unida pola lectura nun espazo

público e de calidade, o seu centro educativo!

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

Tal e como se recolle na Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C), a Consellería de Educación vén de abrir o procedemento de Reserva de praza en centros adscritos. (ED550A)

Quen ten que facer este procedemento?

- O alumando do CRA Neira Vilas Boqueixón-Vedra que vaia cursar 1º de Educación Primaria o curso 2024-25 no CPI Antonio Orza Couto.

-O alumnado de 4º de ESO do CPI Antonio Orza Couto que o curso 2024-25 vaia cursar 1º de BACH no IES Pontepedriña ou no IES Lamas de Abade.  Aquel alumnado que non queira facer o Bacharelato nalgún destes centros, terá que facer un procedemento diferente (procedemento de Admisión ED550B, do 1 ao 20 de marzo).

Cal é o prazo de presentación?

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.

Que documentación teño que presentar?

Únicamente o Anexo I- ED550A.

Como fago para presentala?

Temos dúas opcións:

  • On line a través da páxina Admisiónalumnado.  Para facelo por  esta vía é necesario dispoñer de certificado dixital ou chave 365.
  • En papel, cubrindo o Anexo I-ED550A

Neste caso, presentarase cuberto:

O alumnado do CRA Neira Vilas, no propio CRA

O alumndo do CPI Antonio Orza Couto, na secretaría do noso centro.

NOTA:

O alumnado de 4º de ESO, o vindeiro luns 15 de xaneiro terá unha reunión informativa co Orientador.

A charla para as familias de 4º de ESO, sobre o futuro académico do alumnado, será o mércores 17 de xaneiro ás 18.00h

Toda a información sobre a charla estará colgada na páxina web do centro.

Aquelas persoas que non poidan asistir, poderán solicitar cita co orientador na semana do 22 ao 26 de xaneiro.

FELICITACIÓN DE NADAL

*Postal gañadora na categoría de secundaria, no concurso de Postais de Nadal realizado pola ANPA O Forte entre o alumnado socio da mesma.

Autor: Breixo Otero Redondo (2º ESO)

PRIMEIROS AUXILIOS EN SECUNDARIA

A educación en primeiros auxilios non só prepara ao alumnado para situacións de

emerxencia, senón que tamén pode axudar a crear unha cultura de prevención e

seguridade na escola e contribúe á consecución dos obxectivos de desenvolvemento

sostible no 3. SAÚDE E BENESTAR.

É importante que o alumnado reciba adestramento práctico nestas habilidades para

que poidan aplicalas en caso dunha emerxencia. Isto pode levar a unha maior

conciencia sobre os riscos e a importancia de tomar medidas preventivas para evitar

accidentes e lesións.

En conclusión, a educación en primeiros auxilios na escola é esencial para

preparalos ante situacións de emerxencia médica. A implementación de obradoiros

de primeiros auxilios e medidas preventivas pode axudar a crear unha cultura de

prevención e seguridade na escola, e asegurar que o alumnado teñan as habilidades

e coñecementos necesarios para actuar en caso dunha emerxencia. Desde o CPIP

Antonio Orza Couto, queremos agradecer a colaboración do CAFI co préstamo do

DESA e dos torsos e ao Concello de Boqueixón que como todos os anos colabora

connosco na realización deste obradoiro.

Coñeceron e repasaron ceñecementos doutos anos:

- Teléfono de emergencias 112

- Protocolo PAS: Protexer, Avisar e Socorrer

- Técnicas básicas de Primeiros Auxilios como : RCP, manexo do desfibrilador

semiautomático DESA,

- Posición lateral de Seguridade (PLS), es la postura corporal en la que debemos

colocar a una persona accidentada cuando está insconsciente pero respira.

TORNEO INTERCENTROS DE FÚTBOL GAÉLICO

TORNEO INTERCENTROS FÚTBOL GAÉLICO

Clube Estrela Vermella de Fútbol Gaélico estivo a impartir unhas sesións sobre o este deporte co alumando de 5º e 6º de Educación Primaria.  Como @s rapaces o pasaron xenial, ofertóusenos a posibilidade de ir a un Torneo de Fútbol Gaélico entre diferentes escolas. 

Así que o venres 15 fomos convidados a Trazo para compartir unha xornada deportiva xunto con CPI Viaño Pequeno e o CEIP Plurilingüe de Oumar-Urdilde. 

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron nesta xornada de convivencia e deporte.


CAMPIONATO DE CROS. XOGADE

 

O pasado 1 de decembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no CAMPEONATO DE CROS de CENTROS DE ENSINO.

Os/as participantes disfrutaron dun día de actividade física na área recreativa da Magdalena en Castrofeito - O Pino. Ademais de pasar o día cos compañeir@s, o esforzo de Nora Rouco e Jairo Torres (categoría alevín) e de Mara Feijó e Sheyla Carril (categoría infantil) tivo recompensa, posto que foron clasificados e volverán  competir o 15 de Marzo en Porto do Son.

ANDAINA 25 N

O pasado 25 de novembro, no día internacional da eliminación da violencia contra a muller o noso centro, en colaboración co Concello de Boqueixón,  conmemorou esta data realizando unha andaina ao redor das instalacións do colexio para rematar no patio do edifico de primaria onde todos gardamos un minuto de silencio e unha alumna de 4ESO leu un manifesto para rematar co berro de" POLAS QUE NON ESTÁN".

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013