try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Saúda do Director

  Version en castellano English version
 

 

No  nome da comunidade educativa do Centro Integrado de Formación Profesional Someso,  doulles a benvida ao noso sitio Web; desexo que lles resulte de interese e utilidade.

     Os cambios no modelo educativo e a continua ampliación e modificación da nosa oferta educativa, fai da páxina Web un sitio de obrigada consulta, sempre e cando busque formación, recoñecemento das competencias adquiridas ao longo da vida (Acreditación de competencias), probas de acceso a ciclos de grao medio ou superior, carnés profesionais ou ofertas de emprego, formación profesional Dual e formación profesional online.
 Este centro, desde os seus orixes no ano  1960,  evolucionou tanto na súa oferta educativa como nunha progresiva adaptación  de recursos, que lle permiten responder ás demandas sociais e  tecnolóxicas das Familias Profesionais que impartimos, sendo un referente para estes sectores.
 
  

A búsqueda da excelencia educativa,  o compromiso e o esforzo de todos os profesores, propiciaron que no ano 2012 obtivéramos a Certificación de Calidade segundo a norma ISO 9001.

Outros compromisos e retos que afrontamos son: a  realización de proxectos de innovación aplicados á transferencia do coñecemento e á formación dos nosos estudantes; o intercambio e a mobilidade dos nosos alumnos e profesores nos países da   Comunidade Económica Europea, para o que contamos coa carta Erasmus e o proxecto Comenius,  así como  seccións bilingües en Inglés e Italiano, que axudan e  forman para estes intercambios.
Somos conscientes da gran responsabilidade que supón a formación dos nosos rapaces para un mundo cada vez máis tecnificado, pero elo  non pode  obviar   a importancia  que ten na formación integral do alumno a convivencia, a igualdade de xénero, o respecto, a solidariedade,  por iso coidamos a atención individualizada que permita o crecemento persoal e profesional do alumno.
Eu anímoos a que participen na nosa páxina Web pois queremos que na mesma haxa  iniciativas e ideas de todos.


Director de CIFP Someso.

Juan Carlos González Purriños

 

             .