Novas

Datas e Horarios Presentación Curso 2020-2021

A través do seguinte enlace pódese acceder á nova páxina web do CIFP Porta da Auga, onde xa se atopan publicados os horarios e datas das presentacións dos diferentes ciclos formativos para o presente curso 2020-2021.

 

http://portadaauga.es/horarios-presentacions-curso-2020-2021/

( categories: )

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E O SAMAÍN NO PORTA DA AUGA

O pasado 30 de outubro toda a comunidade educativa do CIFP Porta da Auga viviu unha xornada distinta con motivo da celebración do Samaín e o Magosto. Degustáronse castañas recén asadas e ademais todas e todos desfrutamos de xogos organizados polo alumnado do Ciclo Formativo de Educación Infantil. Así mesmo, algunhas e algúns participantes mostraron a súa creatividade cos seus vestidos e disfraces baseados na temática do Samaín. Para rematar a xornada preparáronse uns pinchos que sentaron base para establecer vínculos e xerar un ambiente de boa convivencia no no noso centro. Moitas grazas a todas as persoas participantes, destacando especialmente o grande labor e esforzo dos/as compoñentes da Comisión de Convivencia e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro!

 

( categories: )

ACF DO DEPARMENTO DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN: VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE "CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA"

O 15 de outubro os grupos de 1º e 2º do C.S. de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS do CIFP PORTA DA AUGA de RIBADEO visitou as instalacións de CORPORACIÓN ALIMENTARIA PEÑASANTA, sitas na Granda-Siero-Asturias, co fin de coñecer o proceso productivo e a loxística empresarial desta gran empresa e así afianzar os coñecementos adquiridos nas aulas.

Dende esta páxina dar as grazas ó persoal da empresa que nos explicou e mostrou amablemente as suas instalacións.

 

Notas Probas Libres 2019 segunda parte e final.

1ºArquivo notas de CM Electromecánica, CS Educación Infantil, CS Administración e Finanzas, CS de Automoción (incompleto)

2ºArquivo nota de CS Automoción (incompleto)

( categories: )

Aprobados os programas internacionais que se desenvolverán no curso 2019-2020

 

Rematamos o curso con boas novas para os ciclos medios e básicos do noso centro.

Aprobado polo SEPIE o proxecto InterPorta2018-2019 que solicitamos dende a Coordinación de Proxectos Internacionais que dará a oportunidade ao alumnado de realizar o periodo de FCT no estranxeiro e mellorar as súas competencias persoais, laborais, aumentando as posibilidades de inserción laboral e disfrutando desta experiencia noutros países da Unión Europea.

Tamén contaremos, como neste curso que remata, con mobilidades para alumnado dos ciclos superiores a través do programa Erasmus+.

 

 

 

 

 

 

 

Resumo de actividade do último trimestre nas que participou o alumnado do CIFP do CS Educación Infantil

Achegamos unha pequena mostra das actividades nas que participou o alumnado de 1ºdo CS de Educación Infantil.

Dentro do programa Apego de Ribadeo, coa participación dos maiores e persoal do  Centro de Día A Concordia e os nenos e nenas da  Escola Infantil Nosa Señora do Campo, comezaron no mes de marzo as sesións de Os anos que achegan, un espazo común onde  nenas, nenos e persoas maiores de comparten e interaccionan tendo a transmisión do noso idioma como fío condutor. Fomos invitados e invitadas  a participar apoiando as sesións que se están a desenvolver no Centro de Día de Ribadeo. Deixámosvos unha foto da primeira sesión.

 

 

 

 

 

Outras das actividades que se veñen desenvolvendo todos os cursos é a visita ao Colexio da Capela para asistir a unha sesión de xogo tradicional guiada polos alumnos máis pequenos desta escola. Aproveitamos a visita para coñecer este cole e tamén o seu pequeno museo de xoguetes africanos.

 

 

 

Recollemeos aquí tamén a participación do alumnado do ciclo  como noutros anos na festa do Correlingua.

 

 

 

Presentación en FPInnova2019 na Cidade da Cultura do Proxecto didáctico desenvolvido polo profesor Benito Fernández Rey .

 

Nesta foto o profesor do noso centro Benito Fernández xunto ao profesor colaborador e o alumnado do ciclo.

( categories: )

Congreso de Innovación na Formación Profesional 2019

Hoxe comeza o Congreso de Innovación na Formación Profesional no Gaias en Santiago de compostela.

O noso alumnado participa amosando diferentes proxectos que se levaron a cabo durante este curso no CIFP.

Nas fotografías aparecen algún dos alumnos do CM de Electromecánica que puxeron en marcha a miniempresa dirixidos por Álvaro Doural e a coordinadora de emprendemento Marisol Folgueira.

Por outra banda, o profesor do Departamento de Electricidade, acompañado do alumnado, presenta o seu proxecto de aplicación para tocar as campás dunha igrexia.

Tamén particpamos cun taller a cargo do Departamento de Obra Civil e Construcción.

( categories: )

Xornada formativa sobre fibra óptica na familia de Electricidade

O luns día 8 de Abril pola tarde celebrouse nos talleres de Electricidade do CIFP PORTA DA AUGA unha xornada de formación sobre FIBRA ÓPTICA. Esta xornada foi dirixida a alumnos dos ciclos de grado medio e de grado superior da familia de electricidade. Ase mesmo tamén asistiron alumnos do curso de FPE de montaxe e mantemento de instalación de megafonía e de circuito pechado de TV que se está a celebrar polas tardes nas mesmas instalacións. A charla foi impartida por persoal da Empresa DIGAMEL de Lugo a quen dende aquí lle queremos agradecer a súa colaboración.

En vindeiras datas o departamento de electricidade realizará una xornada sobre manexo de aparatos de medida para certificación e comprobacións de instalación eléctricas. Neste caso esta xornada será aberta e aparte de ir dirixida cara os alumnos do ciclo de  grado superior poderán asistir calquera profesional interesado no tema. Nesta xornada traballaremos con  equipos de medida da marca HT INSTRUMENTS recentemente adquiridos polo departamento.

 

 

 

 

Distribuir contido