Iniciar sesión |
Coordinación de emprendementoViveiro de empresas
O noso centro, Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga ofrece un viveiro de empresas, un recurso que facilita aos estudantes con calidades emprendedoras a oportunidade de deseñar o seu proxecto de empresa e levar adiante a creación do seu propio negocio. Este viveiro é un local dividido en 2 despachos equipados con moblaxe básica propia dunha oficina, equipamento informático e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha de iniciativas emprendedoras. Dende o centro, ademais das instalacións ofrecese formación e titorización por parte da coordinadora de emprendemento. Esta ofrecerá tamén un asesoramento inicial, xunto con calquera profesor do centro con coñecemento no ámbito, así como a posibilidade de ter asesoramento especializado poñéndoo en contacto con axentes de emprego e desenvolvemento local do concello, orientadores/as laborais das oficinas públicas de emprego. … Na seguinte táboa recóllese información sobre os criterios para o acceso ao viveiro ( no caso de listaxe de espera), o perfil e funcións do titor e o asesoramento que se lles ofrece. O VIVEIRO DE EMPRESAREQUISITOS: A) Alumnado matriculado nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de Formación profesional:
B) Persoas que finalizaran nos últimos catro anos os estudos mencionados no apartado a) Poden ser un ou varios emprendedores nun mesmo proxecto, segundo a forma xurídica elixida. SERVIZOS:
1. Asesoramento
2. Instalacións propias do viveiro Locais axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras no centro educativo onde se atopa o viveiro, a súa disposición no horario concordado co centro:
Si precisas máis información, podes contactar con nós na seguinte dirección: orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.es ou no teléfono 982128894, preguntando por Marta Fojo Peña Orientadora do CIFP Porta da Auga e/ou por Mª Sol Folgueira Chao, coordinadora de emprendemento e titora do viveiro.
( categories: )
Taller de Lecer
Ao amparo do Programa Lanzadeira o alumnado de 2º de Dependencia crea unha mini empresa chamada Ribadeo lecer, que implementa un proxecto chamado Experimenta co lecer que vai destinado a usurios/as de máis de 60 anos. Desenvolverase mediante talleres de lecer e comunicación (obradoiros de lecer) os mércores de 10:30 a 12:30 no CIFP Porta da Auga desde o día 8 de febreiro (son 4 mércores), o número de prazas ofertado é de 14, deixando 10 prazas de reserva.
( categories: )
Aprehender a comunicarOntes 25 de xaneiro o noso alumnado que participa no Proxecto Lugo Emprende II participou na charla Aprehender a comunicar impartida por Alejandra Sánchez , consultora e coach especializada en recursos humanos e dedicada dende o 2002 o entrenamento de habilidades de comunicación e oratoria. Foi unha actividade dinámica e moi proveitosa na que se traballou a importancia da comunicación verbal, non verbal, vocal e a necesidade da coherencia entre elas; os distintos estilos relacionais, e a importancia de ter claro que quero dicir e como o vou facer. Alejandra Sánchez deulle ao alumnado recursos e estratexias que seguramente lles axuden a mellorar o seu día a día na aula e por suposto no mundo laboral o que nun futuro próximo accederán.
( categories: )
MotivaciónUn ano máis no CIFP Porta da Auga contamos con Felipe García Rey, “coach” profesional que impartiu a charla Motivaciónenmarcada no Proxecto Lugo Emprende II. Nela pretendeuse motivar ao alumnado, traballar o autocoñecemento coa idea de aprender, descubrir o potencial que cada un ten, as súas capacidades e enfocalas correctamente para a consecución dos obxectivos propios, tanto persoais como profesionais. Con estas actuacións preténdese dar algunhas claves necesarias para enfrontarse con éxito a busca de emprego, coñecendo as esixencias do mundo empresarial e facéndoo con seguridade nun mesmo.
( categories: )
Emprendemento e emprendedores(as)Dentro das nosas actividades de cara ao Emprendemento e afondando nos recursos persoais e motivación tivemos na mañá do 11 de Febreiro a Juan Diego Areán Pereira formador e fundandor de Wekco un ecosistema que inspira, conecta e impulsa. Un espacio que fomenta a confianza, a colaboración o sentido de comunidade entre emprendedores, autónomos, teletraballadores e microempresas Na segunda parte da sesión Simón Cabarcos CEO de Blindaxe Sport. Con 28 años, este Pontés (As Pontes de Garcia Rodriguez) funda con tres amigos a empresa Puzzlecarbono en 2007. Hai tres anos e tras ela venta da súa participación no anterior proxecto funda Blindaxe Sport. Hai apenas 4 anos que Simón Cabarcos fabricou a súas primeiras espinilleras en fibra de carbono. Primeiro para el e logo para os seus compañeiros de equipo e levar a cabo o seu sono convertiulle en referencia mundial.
( categories: )
Actividade charla EDUEMPRENDEO pasado día 10 de Febreiro, de 12 a 13 horas, Enrique José Gómez Fernández Técnico de Servizos Xerais do (IGAPE) foi o encargado de impartir a actividade titulada: «A actividade emprendedora como chave para o teu futuro», dentro do programa EDUEMPRENDE ACTÚA. A ela asistiron os/as alumnos dos segundos cursos dos diferentes Ciclos medios e Superiores que se están formando no CIFP. ( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|