Iniciar sesión |
Coordinación de programas intenacionaisPRAZO SOLICITUDES BECAS ERASMUS+ 11/12/2019 00:00
13/12/2019 00:00
Europe/Madrid
Unha vez levadas a cabo as reunións informativas o 5 e o 13 de novembro, ábrese o prazo para solicitar a participación nas mobilidades Erasmus + que oferta o centro para este curso. Aquelas persoas interesadas deberás poñerse en contacto con Adrián López ou con José María López entre os días 11, 12 e 13 de decembro, co fin de elaborar a lista definitiva de participante, xestionar a documentación e trámites oportunos e realizar o proceso de selección. Unha vez publicada a lista definitiva das persoas seleccionadas, dispóñense de cinco (5) días para interpoñer as posibles reclamacións ante o devandito proceso. Todas as solicitudes que se comuniquen fóra de prazo serán rexeitadas. ( categories: )
Aprobados os programas internacionais que se desenvolverán no curso 2019-2020
Rematamos o curso con boas novas para os ciclos medios e básicos do noso centro. Aprobado polo SEPIE o proxecto InterPorta2018-2019 que solicitamos dende a Coordinación de Proxectos Internacionais que dará a oportunidade ao alumnado de realizar o periodo de FCT no estranxeiro e mellorar as súas competencias persoais, laborais, aumentando as posibilidades de inserción laboral e disfrutando desta experiencia noutros países da Unión Europea. Tamén contaremos, como neste curso que remata, con mobilidades para alumnado dos ciclos superiores a través do programa Erasmus+.
( categories: )
Mobilidades Erasmus+K103 curso 2019
Estamos a piques de rematar xa os periodos de FCT nas empresas. O alumno Danie Gómez Quelle do Ciclo Superior de Automoción envíanos unha foto sobre o desenvolvemento do seu traballo no taller de Warendorf (Alemaña) no que se atopa realizando o periodo de FCT. Pronto estará de volta para contarnos a súa experiencia. ( categories: )
Coordinación de programas internacionais
O CIFP Porta dá Auga ten unha longa tradición na realización de programas internacionais e prácticas no estranxeiro. Desde o centro consideramos este tipo de accións como unha magnífica oportunidade para que o noso alumnado poida vivir unha experiencia enriquecedora e desenvolva novas competencias nos ámbitos lingüísticos e profesionais. Nos últimos anos colaboramos con empresas alemás e italianas, e a día de hoxe temos a seis antigos alumnos traballando en Alemaña. Dispoñemos de unha Carta Erasmus propia para realizar movilidades cos alumnos de Ciclo Superior.
( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|