Transporte e mantemento de vehículos

Departamento

 

Presentacion Oferta Educativa
Instalacions Saídas Profesionais
Actividades Complementarias á formación Taboleiro
Enlaces de Interese Formación en Centros de Traballo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Admisión FP Dual CM Electromecánica de maquinaria

O noso CM de Electromecánica de maquinaria, (En modalidade FP Dual), prorroga o prazo de admisión durante todo o mes de Xullo. Rogamos ós interesados que se acheguen pola nosa oficina de secretaría para recibir máis información ou chamar ó 982128894.

 

 

FP Dual Electromecánica de maquinaria (Curso 2017/18):

No próximo curso ofertarase por primeira vez no noso centro o Ciclo Medio de Electromecánica de maquinaria en réxime de FP dual. Este réxime ten unhas implicacións de coordinación e relación con empresas moi superior ao réxime ordinario.

Empresas do sector forestal manifestáronnos as dificultades que estaban a ter para poder contratar traballadores coa formación e capacitación adecuada, así que, tras contactar e reunirnos con estas e outras empresas do sector, comezamos a perfilar este ciclo de Dual, axeitado para formar traballadores produtivos nun prazo de tres anos, e co incentivo para os estudantes dunha remuneración económica por parte das empresas desde o primeiro momento. Os alumnos deste ciclo recibirán a maior parte da formación teórica de cada módulo no noso centro, a parte teórica máis específica e a formación práctica recibirana na empresa que lles corresponda.

Os candidatos deben ter idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos. Terán que superar un proceso de selección ( entrevista persoal na empresa correspondente), así como cumprir os requisitos de acceso.

As empresas que van participar no proxecto son:

Dingoma S.A: Empresa asturiana do sector de maquinaria forestal constituída no ano 1992. Están especializados na construción de Autocargadores, Equipos contra incendios, Equipos de compactado e Dumper, sita en Jarrio.

Monra Forestal:  Antigos talleres Ramón Castro. Empresa asturiana especializada na construción de cabezais procesadores e empacadoras enfardadoras de biomasa e residuos forestais, situada en Castropol.

Fondrigo Maquinaria: Empresa asturiana especializada en Maquinaria agrícola e de construción, obra pública e urbana. Son importadores das marcas Schäffer e Westermann. Ubicada en Vegadeo.

Talleres Rouco: Empresa galega situada no Valadouro. Están especializados na reparación e venda de todo tipo de maquinaria forestal, agrícola e de obras públicas. Tamén traballan con maquinaria de elevación e transporte.

TECMAF: O centro técnico de maquinaria forestal foi fundado no 2005 e está situado no polígono de Barreiros. Traballan na reparación de todo tipo de maquinaria forestal cunha elevada especialización, posúen unhas instalacións de 3.600  m2 e realizan reparacións de maquinaria in situ.

Logmax Iberia: Empresa de nova creación situada no Polígono industrial de Fazouro, importadora en España das marca suecas Eco log, Log Max, Bruks e a estadounidense C.B.I, especializada en maquinaria forestal.

 

CLUN: Cooperativas Láctea Unidas. A gran cooperativa galega colaborará connosco coa súa sección de maquinaria agrícola. 

Visita dos alumnos de 1º de Ciclo Medio de Carrozaría ás empresas Carrocerías Hnos. Rega e á fábrica de lanchas Moggaro Aluminium Yachts.

O alumnado da Familia Profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos visitou o 05/04/17 as instalacións das empresas de construcción de carrocerías Hnos. Rega e Moggaro Aluminium Yachts, nas cales puideron observar parte dos procesos da construcción de carrocerías. 

Foto Visita Carrozaria 1

 

Foto Visita Carrozaria 2

Foto Visita Carrozaria 3

Visita dos alumnos de 1º de Ciclo Medio de Carrozaría á empresa Castrosúa en Santiago de Compostela.

O alumnado da Familia Profesional de Tansporte e Mantemento de Vehículos visitou, o 03/03/17 as instalación da empresa de construcción de carrocerías Castrosúa, nas cales puideron observar parte dos procesos da construcción de carrocerías de autobuses urbanos e interurbanos.

 

Distribuir contido