Iniciar sesión |
Acreditacion e probas, Calidade e Innovación, Información e Orientación Profesional, Relación con Empresas, Coordinación T.I.C., Coordinación de innovación e formación do profesorado, Coordinación de programas intenacionais, Coordinación de emprendementoViveiro de empresas
O noso centro, Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga ofrece un viveiro de empresas, un recurso que facilita aos estudantes con calidades emprendedoras a oportunidade de deseñar o seu proxecto de empresa e levar adiante a creación do seu propio negocio. Este viveiro é un local dividido en 2 despachos equipados con moblaxe básica propia dunha oficina, equipamento informático e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha de iniciativas emprendedoras. Dende o centro, ademais das instalacións ofrecese formación e titorización por parte da coordinadora de emprendemento. Esta ofrecerá tamén un asesoramento inicial, xunto con calquera profesor do centro con coñecemento no ámbito, así como a posibilidade de ter asesoramento especializado poñéndoo en contacto con axentes de emprego e desenvolvemento local do concello, orientadores/as laborais das oficinas públicas de emprego. … Na seguinte táboa recóllese información sobre os criterios para o acceso ao viveiro ( no caso de listaxe de espera), o perfil e funcións do titor e o asesoramento que se lles ofrece. O VIVEIRO DE EMPRESAREQUISITOS: A) Alumnado matriculado nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de Formación profesional:
B) Persoas que finalizaran nos últimos catro anos os estudos mencionados no apartado a) Poden ser un ou varios emprendedores nun mesmo proxecto, segundo a forma xurídica elixida. SERVIZOS:
1. Asesoramento
2. Instalacións propias do viveiro Locais axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras no centro educativo onde se atopa o viveiro, a súa disposición no horario concordado co centro:
Si precisas máis información, podes contactar con nós na seguinte dirección: orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.es ou no teléfono 982128894, preguntando por Marta Fojo Peña Orientadora do CIFP Porta da Auga e/ou por Mª Sol Folgueira Chao, coordinadora de emprendemento e titora do viveiro.
( categories: )
Notas definitivas Probas Libres Curso 2019-20A través do seguinte enlace pódese acceder ás notas da 1ª parte das Probas Libres 2019-2020. Por motivos de protección de datos non se publicarán os nomes das persoas presentadas, senón só unha parte dos díxitos que compoñen o seu DNI. Acceder a través do seguinte enlace:
( categories: )
Horarios Probas Libres Curso 2019-20Os horarios das Probas Libres do presente curso 2019-2020 atópanse publicados na nova web do centro. http://portadaauga.es/ Poderédelos atopar na ligazón de "Acreditación e Probas" ( categories: )
REUNIÓNS GRUPAIS ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS E PROBAS LIBRESREUNIÓN GRUPAL DE PROBAS LIBRES 22/06/2020 19:00 (SALÓN DE ACTOS CIFP PORTA DA AUGA)
REUNIÓN GRUPAL DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 26/06/2020 17:00 (SALÓN DE ACTOS CIFP PORTA DA AUGA) ( categories: )
ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS. Convocatoria 2020Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2020( categories: )
Bibliografía PROBAS LIBRESPode consultar a bibliografía para PROBAS LIBRES 2019-20 nos seguintes ficheiros adxuntos: ( categories: )
PROBAS LIBRES 2019-20Pode consultar toda a información sobre PROBAS LIBRES no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual
O prazo de presentación de solicitudes de matrícula será do 1 ao 12 de xuño de 2020.
As solicitudes de matrícula para participar nas probas libres de formación profesional de títulos LOE presentaranse na secretaría do centro público elixido en primeira opción. ( categories: )
Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2020Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020. Data de publicación: 26.05.2020 Prazo para realizar reclamacións: do 27 de maio ao 2 de xuño de 2020, ambos os dous incluídos. Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e reclamacións>>. Posterioremente, a través da plataforma https://sede.xunta.gal, deberase presentar xunto coa solicitude, a correspondente documentación que apoie a reclamación, utilizando o trámite "Alegacións" asociado á solicitude de inscrición no proceso. Para o caso de envío por correo á sede onde se xestiona a súa solicitude, este deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla do formulario para reflectir a data de entrada. Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia. ( categories: )
ACREDITACION 2020. Revision de documentacion.
Relacion dos solicitantes unha vez analizada a documentacion que aportan.
( categories: )
PRAZO SOLICITUDES BECAS ERASMUS+ 11/12/2019 00:00
13/12/2019 00:00
Europe/Madrid
Unha vez levadas a cabo as reunións informativas o 5 e o 13 de novembro, ábrese o prazo para solicitar a participación nas mobilidades Erasmus + que oferta o centro para este curso. Aquelas persoas interesadas deberás poñerse en contacto con Adrián López ou con José María López entre os días 11, 12 e 13 de decembro, co fin de elaborar a lista definitiva de participante, xestionar a documentación e trámites oportunos e realizar o proceso de selección. Unha vez publicada a lista definitiva das persoas seleccionadas, dispóñense de cinco (5) días para interpoñer as posibles reclamacións ante o devandito proceso. Todas as solicitudes que se comuniquen fóra de prazo serán rexeitadas. ( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|