blogue deBenito

Charla sobre Riscos de Internet

O pasado mércores, 8 de Abril, o alumnado de Primeiros Cursos  de Ciclos Medios e Superiores do noso CIFP, asistiron no salón de actos do centro  a unha conferencia para afondar sobre os Riscos de Internet, a cargo do formador da Garda Civil, Ramón Peña. Nela explicarónse cales son os perigos do uso indebido das redes sociais e dos programas de comunicación on line.

Esta actividade enmarcada no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, ten como obxectivos principais, por unha banda, concienciar ao alumnado sobre a necesidade de incluir na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa intimidade e información persoal, e por outra, evitar prácticas que, aínda por descoñecemento, podan derivar nun delito.

Ao longo da conferencia, de dúas horas de duración, o alumnado amosou unha actitude participativa, consultando as cuestións que lles ían xurdindo ao escoitar as experiencias do relator.

Edificación e obra civil: Charla da Fundación Laboral da Construcción

 

 

O pasado dia 27 de Marzo realizouse a charla sobre legislación no

 sector da construcción con ua afluencia de uas 40 personas, todas ellas

profesionales do sector.

A charla impartida por Ignacio Oliveira, delegado da  Fundacion Laboral da

Construcción tuvo gran acollida por parte da xente asistente.

Visita á Cruz vermella e á Residencia de maiores Sanitas ( A Coruña)

O pasado mércores, 25 de Marzo, os alumnos e alumnas  que cursan o  CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, realizaron unha viaxe á Coruña enmarcada no  programa de actividades complementarias á propia formación no Centro. Así, visitaron a Cruz Vermella, onde tiveron a oportunidade de ver a central de teleasistencia, o Centro de día e o funcionamento da ambulancia asistencial. Xa pola tarde, achegáronse á residencia de maiores Sanitas, co fin de coñecer as últimas innovacións no desenvolvemento de programas destinados a mellorar a calidade de vida das persoas con algún tipo de demencia.  Os alumnos do ciclo Atención a persoas en situación de dependencia teñen un módulo directamente relacionado coa teleasistencia, de aí que resultara particularmente útil coñecer o servizo dende a propia realidade do traballo día a día.

Día Internacional da Muller Traballadora

            O pasado martes 24 de marzo o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil, do CIFP Porta da Auga,  realizaron unha actividade co galo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora,  para os centros educativos do Concello de Ribadeo, mediante a coordinación do CIM do concello de Ribadeo.

             A actividade consistiu na realización dun contacontos e diversas actividades relacionadas coa coeducación e a educación a nenos e nenas en igualdade dende as diferencias individuais de cada persoa.

 

Dentro deste ciclo son moitas as referencias nos obxectivos, criterios de avaliación e contidos a este tema pois entendemos que un xeito de participar nun cambio cara unha sociedade non sexista, comeza por formar aos futuros profesionais do ámbito socioeducativo para que tenten  rachar con esa suposta igualdade, que hoxe en día non resulta ser tal e que, por exemplo, na escola fai que ainda perduren elementos que reproducen e perpetúan o sexismo e as diferencias entre os futuros homes e mulleres que formarán a nosa sociedade.

A actividade foi todo un éxito para alumnado e profesorado dos tres centros: CEIP Gregorio Sanz, Colexio Sagrado Corazón e CIFP Porta da Auga, o que seguro que conleva novas colaboracións.

 

Visita Ao Centro de Día de AFALU e ao CIFP Politécnico de Lugo

Visita Ao Centro de Día de AFALU e ao CIFP Politécnico de Lugo

 O xoves, 19 de marzo, o alumnado de 2º do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia achegouse ata Lugo para coñecer de primeira man o Centro de Día da Asociación de familiares de Enfermos de Alzheimer ( AFALU) e a aula de Teleasistencia do CIFP Politécnico. No Centro de Día, alumn@s e profesores tiveron a oportunidade de coñecer un recurso directamente asociado aos contidos do Ciclo dende unha perspectiva global e nun  contexto eminentemente práctico, onde se valorou, particularmente, a implicación dos traballadores na atención aos usuari@s. Por outra banda, a visita ao CIFP Politécnico, onde se imparte o mesmo ciclo que aquí, no Porta, resultou especialmente interesante ao ofertar unha sesión práctica relacionada co módulo de Teleasistencia. Neste caso, o alumnado puido contextualizar os coñecementos adquiridos a través dunha aplicación que permite atender e xestionar chamadas telefónicas de persoas en situación de dependencia, co fin de achegarse o máximo posible a  realidade no seu ámbito laboral.

    

 

Listaxes provisionais de admitidos e excluidos no proceso de acreditación 2015

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter presentado a documentación de emenda no prazo establecido para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2015. 19.03.2015

Prazo para realizar reclamacións: do 20 ao 24 de marzo de 2015, ámbolos dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente entregala na sede onde entregou a súa solicitude.

Nas listaxes provisionais figurarán as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia

 

Emprendemento e emprendedores(as)

Dentro das nosas actividades de cara ao Emprendemento e afondando nos recursos persoais e motivación tivemos na mañá do 11 de Febreiro a Juan Diego Areán Pereira formador e  fundandor  de Wekco un ecosistema que inspira, conecta e impulsa. Un espacio que fomenta a confianza, a colaboración o sentido de comunidade entre emprendedores, autónomos, teletraballadores e  microempresas

Na segunda parte da sesión Simón Cabarcos CEO de Blindaxe Sport. Con 28 años, este Pontés (As Pontes de Garcia Rodriguez) funda con tres amigos a empresa Puzzlecarbono en 2007. Hai tres anos e tras ela venta da súa participación no anterior proxecto funda Blindaxe Sport. 

Hai apenas 4 anos que Simón Cabarcos fabricou a súas primeiras espinilleras en fibra de carbono. Primeiro para el e logo para os seus compañeiros de equipo e levar a cabo o seu sono convertiulle en referencia mundial.

 

Mais fotos

Actividade charla EDUEMPRENDE

O pasado día 10 de Febreiro, de 12 a 13 horas, Enrique José Gómez Fernández Técnico de Servizos Xerais do (IGAPE) foi o encargado de impartir a actividade titulada: «A actividade emprendedora como chave para o teu futuro», dentro do programa EDUEMPRENDE ACTÚA.

A ela asistiron os/as alumnos dos segundos cursos dos diferentes Ciclos medios e Superiores que se están formando no CIFP.

Charla informativa sobre normativa vixente

 

 

Imos realizar una charla informativa dirixida a todos os profesionais do sector para informalos da normativa vixente en relación con todos os cursos que necesitan para estar debidamente en regra para poder desenvolver o seu traballo sen inconvenientes cara a posibles inspeccións de traballo ou a accidentes no sector.

Tfno de contacto:649661001  julio

Curso operador plataformas móviles

Fotos do curso de operador de plataformas móviles de persoal, celebrado os días 23 e 24 de xaneiro. 

Pinchar na foto seguinte:

( categories: )
Distribuir contido