Iniciar sesión |
Electricidade e electrónicaXornada formativa sobre fibra óptica na familia de ElectricidadeO luns día 8 de Abril pola tarde celebrouse nos talleres de Electricidade do CIFP PORTA DA AUGA unha xornada de formación sobre FIBRA ÓPTICA. Esta xornada foi dirixida a alumnos dos ciclos de grado medio e de grado superior da familia de electricidade. Ase mesmo tamén asistiron alumnos do curso de FPE de montaxe e mantemento de instalación de megafonía e de circuito pechado de TV que se está a celebrar polas tardes nas mesmas instalacións. A charla foi impartida por persoal da Empresa DIGAMEL de Lugo a quen dende aquí lle queremos agradecer a súa colaboración. En vindeiras datas o departamento de electricidade realizará una xornada sobre manexo de aparatos de medida para certificación e comprobacións de instalación eléctricas. Neste caso esta xornada será aberta e aparte de ir dirixida cara os alumnos do ciclo de grado superior poderán asistir calquera profesional interesado no tema. Nesta xornada traballaremos con equipos de medida da marca HT INSTRUMENTS recentemente adquiridos polo departamento.
xornadas de formación no curso de MEGAFONIA e de CCTVCIFP PORTA DA AUGA DE RIBADEO DEPARTAMENTO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA
O próximo día 20 de xuño o Departamento de ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA do CIFP PORTA DA AUGA DE RIBADEO dentro das actividades do CURSO DE MEGAFONÍA SONORIZACIÓN DE LOCAIS E INSTALACIÓNS DE CIRCUITO PECHADO DE TV (código ELES0109 nº106490) organiza unha xornada de presentación de productos da Empresa COMELIT TEMAS:
( categories: )
Nova oferta modular de ciclo formativo de Grao Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.Curso 2017/18Para o vindeiro curso 2017-2018 impartiremos unha oferta modular de 4 módulos do CFGS Sistemas electrotécnicos e automatizados da familia de Electricidade e Electrónica.
A oferta será dos módulos seguintes:
Para coñecer o horario destes módulos pincha aquí. AO ser unha oferta modular non é necesario matricularse dos 4 módulos. A matriculación nestas ensinanzas debe realizarse cubrindo a solicitude via web. Preme aquí. Máis información sobre matrículación e solicitude de praza aquí. ( categories: )
Oferta educativa DEPARTAMENTO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICACiclo grado medio en Instalacións eléctricas e automáticas Presentacións-resumo da programación de cada módulo profesional:
Currículo (ver resumo)
FP PARA O EMPREGO DIRIXIDA A TRABALLADORES EN DEMANDA DE EMPLEO: (Nivel 2) Montaxe e mantemento de Instalacións solares fotovoltaicas (ano 2014) DATA DE INICIO .- 10 DE FEBREIRO
DATA DE REMATE.- 11 DE XULLO
HORARIO.- 16:00 H A 22:00 H (6 HORAS DÍA)
PRÁCTICAS EN EMPRESA–horario de empresa (8 HORAS DÍA)
TEMPORALIZACIÓN .- Meses de, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo.
FP PARA O EMPREGO DIRIXIDA A TRABALLADORES EN ACTIVO: (26 de maio, 3,4 e 5 de xuño) Curso de FIBRA OPTICA Orientado as Instalacións de oficinas, Centros de reunións e locais comerciais. Infraestructuras Comúns de Telecomunicación nos edificios de viviendas
( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|