CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E O SAMAÍN NO PORTA DA AUGA

O pasado 30 de outubro toda a comunidade educativa do CIFP Porta da Auga viviu unha xornada distinta con motivo da celebración do Samaín e o Magosto. Degustáronse castañas recén asadas e ademais todas e todos desfrutamos de xogos organizados polo alumnado do Ciclo Formativo de Educación Infantil. Así mesmo, algunhas e algúns participantes mostraron a súa creatividade cos seus vestidos e disfraces baseados na temática do Samaín. Para rematar a xornada preparáronse uns pinchos que sentaron base para establecer vínculos e xerar un ambiente de boa convivencia no no noso centro. Moitas grazas a todas as persoas participantes, destacando especialmente o grande labor e esforzo dos/as compoñentes da Comisión de Convivencia e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro!

 

( categories: )