Skip to Content
         Instagram Facebook 

Favorecendo o benestar na comunidade do VPA

Participa coa túa perspectiva e propostas en +

IFEMA: “Salón Internacional de la Climatización y la Refrigeración”

Alumnos do C.M. Instalacións Frigoríficas e de Climatización, acompañados polo profesor Jesús Martínez Lomba (xefe do dpto. de Instalación e Mantemento) visitaron en Madrid esta exposición (14-17 de nov.

Sesión sobre emerxencias sanitarias

A organización sanitaria VODEA, mostrounos unha vez máis as técnicas básicas para atender a emerxencias sanitarias. Agradecemos a colaboración desta asociación nesta importante actividade complementaria á formación.

Xornada sobre INTELIXENCIA ARTIFICIAL

A Coordinación de Emprendemento convida á Xornada sobre Intelixencia Artificial que se levará a cabo no Salón de Actos o Luns 13 de 9.30-14h.

ACTIVIDADES NOVEMBRO - PROFESORADO E ALUMNADO

  • Desde Coordinación de Emprendemento estanse a organizar unhas Xornadas sobre Intelixencia Artificial. O luns 13 de novembro realizarase a apertura deste evento no Salón de Actos, onde varios profesionais e expertos exporán as súas experiencias traballando ou investigando neste campo (aberto a toda a comunidade educativa- profesorado e alumnado- ata completar aforo).

PREMIADOS GaliciaSkills 2023

Medalla de ouro para Álex Feijoo Figueroa, na demostración de "Fabricación mecánica", titorizado por César González Fernández.

Medalla de prata para Isaac Tomé Rodríguez, Competición de "Refrixeración e aire acondicionado", titorizado por Sofía Rúa Piñeiro.

Noraboa!! de parte de toda a comunidade do CIFP Valentín Paz Andrade.

EDUCALIDADE: Curso 23-24. XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS ENTREGAS DE DOCUMENTOS E SUPERVISIÓN

Débese subir aquela documentación que corresponda ao momento do curso para que quede rexistrada e poida ser utilizada polo resto do persoal do centro coa fin de realizar a actividade asociada a cada función

GaliciaSkills 2023

O CIFP VPA está presente nesta competición en distintas especialidades.

Galiciaskills 2023 abrangue 24 competicións noutras tantas especialidades nas que o alumnado, co apoio do seu profesorado titor, demostra as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos da súa área de formación. 

Distribuir contido


by Dr. Radut