Skip to Content

Información sobre a Bibilioteca no curso 21/22

A Biblioteca escolar do IES  Vilamarín, abreu de novo ás súas portas para o curso 2021-2022

Inaugurada o curso pasado coa presenza de Kiko Da silva que nos deixou un prezado debuxo , ofrece un espazo distribuido e deseñado para atallar as necesidades educativas do centro e un punto de encontro para a comunidade educativa.

 

Instalacións e recursos

A biblioteca, con vistas ao entorno rural do IES de Vilamarin,  mide  48 m2 distribuidos por zonas. Ten un acceso con rampa coa cal accedemos primeiro a un espazo de lectura con sofá, lecturas, un buzón de suxestións, un cabalete con novidades ou comunicacións relacionadas coa biblioteca.   

Ao acceder ao espazo principal, distinguimos distintas áreas:

  • estantarías con recursos bibliográficos, audiovisuais e xogos de mesa.
  • para o estudo e a realización de tarefas dispomos de dúas mesas de estudo, dous andeis móbiles podendo ser zona de consulta e de estudo, dous ordenadores para consultas e a lectura do periódico El Pais.
  • unha zona con sofá, tres pufs para o disfrute do teu tempo libro para lecturas ou xogos c@s compañeir@s.
  • unha área de xestión ( empréstito, información, catalogación…)

 

Proximamente, contaremos con tablets e Ebooks para poder ler e facer consultas e cunha nova zona de estudo individual ou grupal respetando as normas para atender ao protocolo Covid.   



page | by Dr. Radut