Actividades Extraescolares

ENTRADAS E SAÍDAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Enviado por ninesrey o Lun, 03/10/2022 - 14:51

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES SEIS DO NADAL 2022-2023

Enviado por ninesrey o Mar, 27/09/2022 - 13:30

Última semana de inscripción e comezo das clases o próximo luns, 3 de outubro. Se houbera algunha actividade que non se vaia a levar a cabo por non formar grupo, avisaríase ás familias.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA CEIP SEIS DO NADAL curso 2021/22

Enviado por ninesrey o Dom, 26/09/2021 - 14:36

          Prezadas familias: 

Todas aquelas que solicitáchedes praza nas actividades extraescolares ata o día de hoxe, 03 de outubro, estades admitidas nas mesmas, coa excepción de pintura, que non acadou o mínimo de inscritos e temos pendente de confirmación ballet (chamaremos as familias por teléfono para confirmar se comeza).

As actividades realizaranse entre o 4 de outubro e o 31 de maio de 2022. Non esquezades que:

 

  • As actividades extraescolares abóanse aos respectivos monitores das actividades ao comezo de cada mes.
  • O prezo mensual das mesmas está calculado para compensar os meses con menos ou máis sensións, e así paguedes sempre o mesmo (aínda que haxa vacacións ou festivos no medio do mes o prezo será sempre igual).
  • A porta de entrada as actividades extraescolares e pola porta número 2 Centro comercial e saída pola porta número 1 principal, agás baloncesto e balonman que empregarán a porta nº3 que está al lado do pavillón e pintura creativa, comic e inglés que será a entrada e saída pola porta nº6.
  • Os alumn@s que van a comedor accederán directamente a actividad extraescolar, se comeza as 3:45 ou 4:00.
  • E imprescindible ser puntuais xa que as portas non permanecerán abertas e as familias non poderán acceder o colexio.

Soamente e durante a semana do 4 ao 8 de outubro, ampliamos o periodo de inscripción e invitamos a que @s vos@s fill@s proben sen compromiso as actividades  extraescolares que ofertamos para este curso escolar. Previa reserva ó correo anpaseisdonadal@hotmail.com

 

Animádevos a probar e non vos quededes cas ganas de descubrir novas aficións e tempos de ocio e de lecer sans e de calidade.

 

Para os que teñades problemas a hora de descargar os impresos de inscrición, podedes recollelos directamente no cole.

 

Recordade que todas as comunicacions do anpa faremolas a través da aplicación gratuita Telegram, só tedes que descárgala.poden mandar as inscricións ao correo e mail: anpaseisdonadal@hotmail.com/ teléfono contacto: 687057707 ou ben entregalas  a través do buzón da ANPA.   Podedes descargar nos arquivos adxuntos os modelos ou cubrir ou a través da  páxina   https://anpaseisdonadal.wordpress.com/

INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO ANPA SEIS DO NADAL

Enviado por ninesrey o Lun, 16/09/2019 - 00:40

 

 

Dende o luns 16 de setembro xa podedes inscribirvos nas actividades extraescolares que oferta a Anpa CEIP Seis do Nadal .De 9:00 a 9:30 no local da Anpa ou se o preferides descargar o modelo de inscrición na súa páxina  https://anpaseisdonadal.wordpress.com e depositar a petición no buzón da Anpa.

CADRO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018-2019

Enviado por Anónimo o Xov, 09/02/2017 - 22:22

Para ver o horario das actividades extraescolares do centro pinchar no arquivo adxunto.

Distribuir contido