Vacantes curso 2018/2019

Enviado por ninesrey o Mar, 27/02/2018 - 10:52

 

  VACANTES 2018 / 2019  
4º EI 5º EI 6º EI 1º PRIM 2º PRIM 3º PRIM 4º PRIM 5º PRIM 6º PRIM
44 + 6 NEEs 2 0 0 0 0 3 6 0

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO CURSO 2018/2019.PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018.

Enviado por ninesrey o Ven, 23/02/2018 - 19:54

NORMATIVA DE APLICACIÓN- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2ºciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006,do 3 de maio, de educación. (DOGA DO 1 DE FEBREIRO DE 2017).

PRAZO DE PRSENTACIÓN DE SOLICITUDES : DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018

A solicitude deberá axustarse ao modelo normalizado ( modelo ED550B ). Pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.

Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.

 O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da Consellería de Educación.

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

 

IMPORTANTE: No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

DOCUMENTACIÓN

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante, alumno/a e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Libro de familia orixinal e fotocopias de todas as páxinas.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo

   ( certificado de matrícula do centro de orixe ).

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».

e) Padrón conxunto actualizado da unidade familiar.

 

 

 TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO NO SEGUINTE ENLACE:

  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

 

 

ENTROIDO 2018

Enviado por Anónimo o Lun, 19/02/2018 - 11:32

ENTROIDO 2018

O venres 9, celebramos o Entroido. Primeiro houbo un desfile no pavillón e

logo fixemos un pasarrúas polos sitios habituais, cantando e facendo troula.

 

Ao chegar o patio do colexio cantamos as coplas do Meco.

Logo degustamos a comida do entroido que estivo posta nas mesas do pavillón

Tamén bailamos e xogamos.

Se queres ver máis fotos do entroido vai a galeria de fotos na web.

 

 

         
            
 
 
( categories: )

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE RADIO PONTE NAS ONDAS:"RADIO E DEPORTE"

Enviado por Anónimo o Xov, 15/02/2018 - 13:26

Os alumnos e alumnas do 6ºA participamos cun programa radiofónico na plataforma "Ponte nas ondas" para celebrar o Día Mundial da Radio.
Este ano o tema da convocatoria era "Radio e deporte" polo que, aproveitando o 35º aniversario da Agrupación deportiva, elaboramos un programa sobre a importancia do deporte no noso colexio.

Se queres escoitar o programa pincha en este enlace

 

http://escolasnasondas.com/o-ceip-seis-do-nadal-e-o-deporte

 

 

( categories: )

DÍA DA PAZ 2018

Enviado por Anónimo o Mar, 30/01/2018 - 18:16

O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio, para recordar a importancia de vivir nun mundo sen guerras nen conflitos. Todos os alumnos subiron o pavillón vestidos de amarelo, a cor da ledicia e dos xirasois, e bailaron coa canción de Rozalén "Girasoles". Despois encheron unha cortiza cos xirasois que fixeron en cada clase coa letra da canción. O resultado foi espectacular. Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes na lapela superior.

   

 

( categories: )

FESTIVAL NADAL 2017

Enviado por Anónimo o Ven, 12/01/2018 - 14:57

O pasado 20 de Decembro celebramos o festival de Nadal no colexio , coas actuacións dos grupos pares do colexio. Desfrutamos do circo cos de 4 anos, co coro das emocións dos de 2º e 4º e as obras de teatro e performances dos de 6º. Fixerono moi ben e recibiron grandes aplausos.Podedes ver máis fotos das actuacións na Galería de imaxes na lapela superior.

( categories: )

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Enviado por Anónimo o Mar, 28/11/2017 - 17:37

O pasado día 24 de Novembro celebramos no colexio o día mundial contra a violencia de xénero. Todos os cursos reuníronse no pavillón e se mostraron carteis coa palabra MULLER escrita en diferentes idiomas. Os alumn@s cantaron a canción "Matriarcas" de Guadí Galego acompañandoa duns xestos e reflexionaron sobre a importancia dunha sociedade igualitaria para todos. Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes na lapela superior.

 

            

( categories: )

O MAGOSTO NO SEIS

Enviado por Anónimo o Mar, 14/11/2017 - 15:00

O venres 10 de novembro, celebramos a festa do magosto. Participamos en moitos xogos como o come-castañas, relevos, equilibrio sobre corda e carreira con zancos... mentres preparaban as castañas asadas.

Ao rematar degustamos unhas deliciosas castañas, tiznámonos coas cinzas e pasámolo xenial xuntos os nosos compañeiros/as. Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes na lapela superior.

 

 

( categories: )

O SAMAÍN NO SEIS

Enviado por Anónimo o Mar, 07/11/2017 - 14:39

Con motivo da celebración do Samaín, estivemos a traballar unha das emocións máis básicas: o medo. Para iso, e contando coas aportacións das cabazas elaboradas polos nenos e nenas preparamos unha sala do medo, decorada con motivos terroríficos, ambientada con sons... 

A escuras e únicamente coas caveiras iluminadas con velas, o alumnado foi acompañado pola Santa Compaña para facer un percorrido pola sala. 

Ao finalizar os nenos e nenas obtiveron un pasaporte  que simboliza que superou o medo.

Dende a biblioteca, organizouse un recuncho de medo e os maiores do cole amenizaron cuns contacontos de medo durante a pasada semana.Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes.

REVISTA ESCOLAR 2016/2017

Enviado por ninesrey o Lun, 26/06/2017 - 13:51

Podedes ver a revista deste ano como arquivo adxunto.

( categories: )
Distribuir contido