O 17 de maio celebramos o día da nosa lingua, das nosas letras. Este ano a homenaxeda é unha muller, a cuarta muller en 56 anos de celebración, María Victoria Moreno Márquez , despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño. Ela naceu en Cáceres pero a pesar de ser estremeña converteuse nunha das pioneiras na narración en galego destinada ao público infantil.
Na biblioteca podedes gozar da lectura dalgúns dos seus libros.
Gracias a Pedro Brandariz desfrutamos de dúas obras da autora:
" A festa no faiado" e “O Cataventos”
O 23 de abril celebramos un día moi importante, o Día Internacional do Libro e por iso e porque nos encanta a lectura, imos dedicar esta semana a festexalo cunha actividade cada día. Hoxe tivemos o apadriñamento lector, onde os máis maiores, os padriños e madriñas, lles len aos seus afillados/as un conto, a cambio os padriños e madriñas recibiron unha taciña literaria feita polos seus afillados/as.
Tamén fixemos un concurso de carteis para festexar este día. Estes foron os tres gañadores/as, parabéns para eles.
Cando falamos de poesía non só nós referimos a lectura dun texto literario, senón a súa dimensión expresiva, a oralidade, musicalidade, a imaxinación, a memoria auditiva e rítmica, a dicción etc, A poesía estimula todos estas dimensións, por iso neste día quixemos facerlle un pequeno recoñecemento lendo no recreo varios poemas.
Celebramos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, pero un día é pouco para celebrar unha loita constante, diaria para recoñecer a importancia das mulleres, avoas, nais, fillas, netas, sobriñas..., todos os días son o día da muller.
O alumnado de sexto fixo un mural coa biografía de mulleres españolas que destacaron pola súa labor, como María Teresa León, escritora e intelectual e unha das voces máis activas desde o exilio, María Luz Morales, primeira muller en dirixir un periódico en España, e moitas máis que podedes atopar no mural.
Na biblioteca tendes libros moi interesantes, como:
![](/centros/cepneiravilas/system/files/u12/D%C3%ADa%20Rosal%C3%ADa.gif)
Levamos a cabo un reparto de flores para festexar o día de Rosalía de Castro.
As flores foron feitas polos alumnos/as e cada unha levaba escrito un poema da escritora. Por niveis estaban repartidas as cores e os alumnos/as tiñan que regalar a súa flor a outro compañeiro/a e recitarlle o poema que nela levaban escrito.
Desta maneira o alumnado coñecía poemas de Rosalía ao mesmo tempo que gozaba co agasallo dunha flor. Dende o equipo de dinamización da Lingua Galega (EDLG) e o equipo de biblioteca queremos destacar a figura da nosa gran escritora Rosalía de Castro.
Como todos os anos celebramos o día da Paz cunha canción, este ano a elixida é “ Antorchas en la niebla” do cantante El Arrebato, preparada polo mestre de música. O tema da canción está relacionado co acoso escolar.
Os alumnos/as nesta etapa de primaria no colexio fan amigos-compañeiros, non se fan abusóns. Resolvemos os conflitos coa palabra, non coa violencia, xa sexa física , verbal ou social, coa xustiza, sendo asertivos, usando a comunicación, a empatía, a tolerancia e expresando a nosas ideas dende o respeto e o acordo. Respetando as nosas diferenzas, xa que todos somos iguais e distintos; aprendendo aceptarnos.
Dende o equipo de biblioteca recomendámosvos os seguintes libros relacionados coa PAZ:
Un conto de amizade, comprensión e tolerancia. Que fala sobre coñecernos mellor, para poder poñernos no lugar dos demais e escoitar puntos de vista diferentes.
Que podemos facer nós para mellorar o mundo? O violín de Pazlús é unha resposta a esta pregunta en si mesmo, como podemos contribuír nós a construír un mundo en paz, onde poder convivir todas as persoas. Unha oportunidade para reflexionar e para facer.
A cor da pel, a lingua, a comida, a roupa, os xogos... todo podería ser diferente, se nacésemos noutro lugar. Algunhas cousas poderían ser mellores, outras peores, pero o certo é todos somos seres humanos con sentimentos e necesidades comúns, e que ninguén está a salvo de posibles desgrazas. É por iso que a solidariedade co que sofre a desgraza en calquera das súas formas debería ser o primeiro imperativo de todos e todas.
Un libro que fala da guerra e os sensentidos desta. Un soldado relátanos a súa terrible experiencia na trincheira. E conta como cre que é o seu inimigo: unha besta salvaxe, causante do inicio da guerra e de todo o seu horror. Pero un día, descubrirá que o inimigo é como el: un ser humano que sofre a guerra e que só quere volver cos seus. Poderán alcanzar a paz?
Un canto á valentía daqueles que saben que a violencia non é a mellor forma de solucionar os problemas. Como Alan, o protagonista, que demostrará a Samuel, o neno máis alto e máis forte de clase (tamén o máis abusón), que entre todos os compañeiros poden plantarlle cara sen necesidade de facer uso da forza.
O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares, e por iso quixemos darlle o gran protagonismo a nosa Biblioteca Anisia, realizando nela e para ela as seguintes actividades entre todos e todas.
Este ano o lema escollido é "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" . Co debuxo que acompaña o lema fixemos unha pequena ilustración con fotos de todas as aulas, representando algunhas das actividades que se poden levar a cabo a través da biblioteca escolar.
![](https://1.bp.blogspot.com/-rE0k2brT4WE/WgXU1OW5PUI/AAAAAAAAAAg/VdFhAk82U6YssBotcllDc4FGgElVMl6kwCLcBGAs/s400/FullSizeRender%2B%25282%2529.jpg)
Aquí aparece o alumnado aprendendo a pensar a través do xornal, dos contos,
dos xogos, das lecturas, das investigacións, da experimentación, da música, da curiosidades, da interpretación...porque a biblioteca é un lugar onde poden xurdir moita ideas e situacións de aprendizaxe.
![](https://3.bp.blogspot.com/-2ZFLQth9TzU/WgYIbcL_ABI/AAAAAAAAAA8/H8KbXAKCnAMTSZ1DHK2a7r5Fkxbo1qV5wCLcBGAs/s200/IMG_1391.JPG)
Os voluntarios da biblioteca de quinto e sexto explicáronlles ao alumnado de 1º e 2º o funcionamento da biblioteca e non podía faltar neste día a lectura dun libro.
E por último as normas da biblioteca máis visibles, porque como din: "vale máis unha imaxe que mil palabras".