Conmemoracións

Aprendemos coa prensa no día mundial do Medio Ambiente

Co gallo da celebración do Día do medio ambiente (05/xuño) aproveitamos para traballar coa prensa sobre a importancia de coidar o noso planteta. 

 

 

Este día lévase celebrando desde o ano 1973 co fin de fomentar a sensibilización mundial sobre o Medio ambiente e motivar ás persoas para que formen parte activa do desenvolvemento sustentable. Por iso, é a ocasión para lembrar e concienciar sobre a necesidade de coidar a nosa natureza.

LETRAS GALEGAS 2019, ANTÓN FRAGUAS

Dende a biblio AnisiaMiranda, outro ano máis, puxemos á disposción do alumnado libros do homenaxeado, este ano foi Antón Fraguas. 

 

Ao longo da semana realizáronse diferentes actividades para homenaxear a Antonio Fraguas Fraguas: mestre, escritor, antropólogo, historiador, xeógrafo...

 

 

 

 

 

Entre as diferentes actuacións, contamos coa presenza do noso querido compañeiro Benito Lobariñas, famoso regueifeiro, que, coa súa zanfona, agasallounos cuns temas galegos e animou aos nenos e nenas a cantar unhas divertidas peza musicais así como o himno galego, sen dúbida, símbolo por excelencia da nosa terra.

SEMANA DO LIBRO

Co gallo de conmemorar o Día Internacional do Libro, organizamos varias actividades ao longo da semana:

 

 Tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Tía Ni, que nesta ocasión ataviada coma un personaxe "manga", agasallounos cunha  viaxe pola Antártida. Por medio da súa vivencia polo continente máis austral da Terra e a través dun interesante percorrido, puidemos coñecer como é o seu clima, a súa flora e a súa fauna e as impresionantes paisaxes.

 

 

 

 

 

 

Un ano mais, os nenos e nenas maiores foron padriños e madriñas dos máis pequenos, e léronlle aos seus afillados e afilladas un conto con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro. 

 

 

E para rematar   tivemos conosxo o ilustrador e contacontos Benxamín Míguez Novoa, que fíxonos rir e entusiasmarnos coas súas historias que tiveron como protagonistas nenos e nenas do público.

 

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Formamos un infinito todos xuntos/as, para acadar un futuro máis inclusivo, onde se respecte e se valore a diversidade hoxe e sempre.

INFINITAS FORMA DE SER,

 

INFINITAS FORMAS DE SENTIR.

 

 

 

 

RECUNCHO DE POESÍA

0 21de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía para promover este xénero lírico que da renda solta  a creatividade, a musicalidade, a rima, a innovación... por medio da palabra. A poesía está moi presente nas nosas vidas dende cativas escoitamos poemas que nos axudan a durmir, a rir, a tranquilizarnos, a bailar...

 

       Na entrada da biblioteca tedes este recuncho de poesía e dentro aínda máis libros para que gocedes deste xénero literario.
RECUNCHO DE POESÍA

Día de Rosalía 2019

Celebramos o Día de Rosalía  intercambiando postais feitas coa súa imaxe e cun poema dela.

 

As nenas e nenos agasallaron e recitaron uns aos outros cando intercambiaban as postais con outro compañeiro/a.

Samaín na biblio AnisiaMiranda

Para animar  ao alumnado a  ler preparamos un  recuncho de lecturas  coa temática de misterio e suspense.
Grazas  ao equipo de actividades extraescolares a biblioteca  converteuse  nun "túnel  do terror" polo que  foron pasando todas  as clases  ao  longo dás últimas  dúas horas dá  mañá,  tamén contaron  coa participación  do alumnado de sexto que preparados para a ocasión con disfraces  terroríficos  axudaron a ambientar o túnel,  foi  unha  actividade  moi valorada polo alumnado,  xa que  lles  encantou e quería repetir e repetir.  
 
        Tamén  tivemos a colaboración dás familias,  coa creación de  calacús  do mundo en relación  coa temática  do  eixe  tranversal, a educación intercultural.
 
         Neste breve video vós deixamos unha mostra do día de Samaín no noso colexio. 

Día Bibliotecas Escolares 2018

O  día 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas, para tal data fixemos a actividade  "Recoméndoche”. Esta actividade consiste en debuxar unha portada dun libro, poñendo título, autor/a , editorial que cada alumno/a recomenda aos seus compañeiros/as. 
A finalidade é que cada alumno/a reflexione acerca dun libro que lle recomendaría aos demais.
 
Todas as achegas de cada clase se expuseron nun mural. 





 Outra actividade que fixemos para celebrar o día da bibliotecas,  foi levada a cabo por seis alumnos/as de 6º e 5º para o alumnado de 1º e 2º. A actividade fíxose  na biblioteca.
  • Primeiro, dous alumnos/as dos cursos superiores, explicaranlles o funcionamento da biblioteca e as normas da mesma.
  • Entregaranlle ao alumnado de 1º os carnes da biblioteca.
  • Por último, leranlles un conto.
Realizouse entre a primeira hora e a segunda hora da mañá do mércores 24 de outubro.
  • 9: 35 h - 10:00 h       1ºB-6ºB Lectura : miña amiga a escuridade.

  • 10: 05h -10:25 h       2ºB- 5ºB Lectura: Crocodilo namorado.
  • 10 :30 h - 10: 55 h    A6ºLectura: Pollito tiene varicela.
  • 11:00 h- 11:20 h        2ºA-5ºA Lectura: Quen lle ten medo á bruxa?