Conmemoracións

CARTEIS POLO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Carteis  con mensaxe de PAZ  do alumnado que participou nesta fermosa actividade, con marabillos deseños sobre o que significa  para elas e eles a paz e a non violencia.

    

  

 

 

25 N POR ELAS

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, realizamos diferentes actividades de concienciación co desexo de que esta lacra termine e construamos entre todos e todas, un espazo de convivencia igualitaria e respectuosa.

Este ano eliximos como canción representativa para conmemorar este día

POR ELAS de "ADHARA AND RITMAN" 

 

Dende a biblioteca escollemos diferentes libros e xogos para este día.

Día bibliotecas 2022 - O Cinema tamén se le

Este luns, 24 de outubro, xuntámonos para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Grazas á investigación de todo o alumnado, puidemos comprobar que a primeira carteleira do noso cine está composta por películas que naceron de grandes libros.

 

Matilda, Wonder, Elmer, Pippi Calzaslongas ou Harry Potter; xa están dentro das nosas recomendacións e seguiremos lendo as súas aventuras na nosa biblio Anisia Miranda.

 

 

 

Pero a nosa celebración non se quedou aquí. Un xurado composto por 11 expertos, representantes de todas as aulas, deliberaron xuntos para otorgarlle ao noso cinema e proxecto un nome. Despois de escoitar e revisar todas as propostas e ante a expectación dos asistentes...

"The Oscar goes to..."

Día das bilbiotecas escolares - O Cine tamén se le

Este luns, 24 de outubro, xuntámonos para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Este curso celebramos o Día das Bibliotecas Escolares co alumnado d 5° facendo un contacontos aos compis de 1°. Presentamos as normas e organización da nosa biblioteca Anisia Miranda e entregamos os carnets ao novo alumnado no cole.

  Con todo o alumnado estrenamos o novo recanto da biblio na entrada do Centro  onde preparamos un mural "Bookflix" xa que o tema do PDI deste curso é "O cinema".
 Cada aula fixera un traballo previo investigando un libro levado ao cine e propuso un nome para o PDI

Grazas á investigación de todo o alumnado, puidemos comprobar que a primeira carteleira do noso cine está composta por películas que naceron de grandes libros.

 

Matilda, Wonder, Elmer, Pippi Calzaslongas ou Harry Potter; xa están dentro das nosas recomendacións e seguiremos lendo as súas aventuras na nosa biblio Anisia Miranda.

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

O 13 de maio de 2022 celebramos  unha gran festa de cultura, folclore e literatura galega. Literatura galega coa exposición ao autor Florencio Delgado Gurriarán  ao que se lle adicou as Letras Galegas 2022, grazas a esta exposición  e ao traballo de clases coñecimos a súa biografía e obras.

     

 

Exposición de lapbooks, libros cheos de información de cada autor e autora que levan o nome de cada clase do colexio. Rosalía de Castro, Fina Casalderrrey, Carlos Casares…

 

A cultura e o folclore galego visitounos con Ártur Puga  e Xurxo Terrible.
Ártur Puga docente de xornadas de música e danza por colexios e institutos do país, músico, coreógrafo e bailarín da compañía de Danza de Fran Sieira, na Xira Midas ou no Benidorm Fest coas Tanxugueiras.

Xurxo Terrible é multinstrumentista da Cultura Musical Galega dende os 6 anos, profesor de música e canto tradicional, membro de grupos como Os Terribles de Donas, Airiños novos de Pinzás, Ecos e Agarimos de Peitieiros, … Colaborador no proxecto “Ponte nas Ondas” e proxectos propios como TradiSón e Xurxo Terrible.
Para rematar a celebración tivemos a actuación do alumnado do primeiro ciclo eo o seu poema “Aí ven o maio “de Florencio Delgado Gurriarán.

DÍA DO LIBRO

Para festexar o día do libro realizamos diferentes actividades no centro:

  • Agasallo dun marcapáxinas para todo o alumnado.
  • Apadriñamento lector lectura ao aire libre por parellas.

  • Formación de usuarios na biblioteca.
  • Canción do alumnado de 1º A
  • Proxección dun impress para os cursos máis altos sobre os dereitos de autoría.

O día da POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía,para  promover o ensino da poesía, creando unha imaxe atractiva da poesía como  unha vía de expresión. Así o fixemos no noso centro a través das seguintes actividades:

- Deixamos poemas por todo o centro para que o alumnado os collese e os recitase en calqueira momento e lugar.

 

 

- Selección de libros de poesía.

- Poemas polas clases:

 

 

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa todas as aulas fixemos unha sección para o noso xornal, A VOZ DA MULLER, relacionando desta maneira ambas celebracións, o día da muller e a prensa. Aquí vos deixamos o noso xornal.

Nel podemos atopar noticias relacionadas co día da muller, a muller na arte, entrevistas de mulleres, pasatempos, mulleres galegas na historia, mulleres na historia de España, carteleira...