Conmemoracións

Día Internacional da Muller

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller e lembramos a necesidade de manter o impulso pola igualdade de dereitos e de oportunidades entre as mulleres e os homes.
Aquí tedes unha pequena mostra do recuncho feito cos libros relacionados con este día. Na biblioteca podedes atopar moitos máis.  

Rosalía de Castro

Poemas de Rosalía de Castro feitos polo alumnado de 5º co gallo da celebración do día da súa homenaxe, o 24 de febreiro

.



 

 


















 

O ENTROIDO NA BIBLIOTECA CON PEITI E EIROS

Os días de Entroido son datas festeiras nas que participa todo o colexio, tamén as nosas mascotas da biblioteca. Disfrazarse é abrir as portas á imaxinación; converterse en mago, abella, bruxa, xoaniña … o mesmo pasa cando lemos un libro que ao longo  desa lectura vives unha aventura diferente, a través de personaxes incribles e máxicos, cos que poder levar a túa imaxinación lonxe e vivir vidas novas. 
 

11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A brecha de xénero na Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería e as Matemáticas ( STEM) mantense en todo o mundo desde hai anos, a pesar de que a participación das mulleres nas carreiras de grao superior creceu enormemente. 

 
Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

A aula é un ámbito  importante no que combater a brecha de xénero en Ciencia e tecnoloxía. As alumnas de hoxe son as científicas e as  tecnólogas de mañá. Que elixan estudar ciencia pode depender en gran medida de que hoxe coñezan mulleres científicas e os seus logros, de que teñan roles femininos nos que poder verse reflectidas.

 

Grúa de origami polo DENIP

Dende O CEIP Valle Inclán de Vigo, animáronnos a colaborar nesta iniciativa, aportando estas delicadas aves, grúas de papel, con desexos.
Despois de expostas no seu centro, enviaranse o 6 de  agosto a Xapón. Data escollida por ser o día do bombardeo de Hirosima e lembrar que estas barbaridades non se poden repetir.
         As mil grúas de origami  convertéronse nun símbolo da paz por mor da historia de  Sadako  Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curarse da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica que caeu sobre  Hiroshima. Tras o consello da súa amiga  Chizuko, e mentres estaba no hospital, decidiu que faría 1.000 grúas de papel. Pensou que o seu desexo non só sería para curarse, senón tamén para que todo o mundo puidese vivir en paz e non houbese máis guerras.  Sadako non puido superar a súa enfermidade e tampouco acabou de facer todas as grúas (tivo que deterse na 644). Pero  Chizuko e moitos outros amigos chegaron a facer as 1.000 grúas, que desta forma, convertéronse nun símbolo da paz en todo o mundo.

25 de novembro pola eliminación da violencia de xénero

Consideramos que este día é  extramedamente importante, xa que a violencia contra as mulleres e nenas é a máis estendida no mundo actual, por iso temos que ensinar dende a igualdade. 
Todas e todos cantamos unha canción reivindicando xustiza para tantas e tantas mulleres que sofren violencia de xénero.
 

 

Tamén podemos aprender a través do conto “Daniela Pirata”, contado por Carla e Loreto, que mulleres e homes somos iguais.

 

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Outro ano máis agradecerlle ao equipo de extraescolares, o enorme traballo que fixeron para ambientar a biblioteca e convertila no túnel do terrorSorprendido.

Tamén grazas ao alumando de sexto por asustar no túnel e axudar a recoller todo, deixando a biblioteca como estaba.
O alumnado pasouno moi ben, gozaron moito con esta actividades, e están desexando repetila para o próximo curso.

Día das bibliotecas escolares e inauguración da biblioteca.

Este curso abrimos a biblioteca un pouco máis tarde, fíxose longa a espera por non poder estar nela, pero mereceu a pena.

Fixemos un enorme expurgo, para retirar os libros que xa non resultaban atractivos e facer máis visibles ao resto. Movéronse os mobles, as mesas, quitáronse andeis e puxéronse, montamos mobles novos, para que fose máis acolledora, fixemos novos recunchos: de prensa, banda deseñada, xogos, estimulación sensorial, novidades e proxectos.

Un grandísimo traballo grazas a axuda de todo o claustro e sobre todo do equipo de biblioteca.

O 24 de outubro, non podía ser outro día, inauguramos a biblioteca, con varias actuacións. O alumnado de 6º B contoulles o conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" ao alumnado de 1º e 2º. Tamén lle fixeron entrega dos carnets da biblioteca ao alumnado de 1º e lles explicaron para que servían.

 

A continuación todo o colexio se achegou a biblioteca para cantar todos xuntos a canción que preparou o mestre de música: Ven a biblioteca!

 

Todo o colexio cantando está fermosa e pegadiza canción. Moitas gracias Gonzalo.

Xa que inagurabamos a biblioteca e lle dabamos unha nova cara, fixemos o mesmo coa nosa mascota Peiti. Para iso todo o alumando parcipou no concurso do novo Peiti. E a gañadora foi  Nara de  3º B, AQUÍ TENDES O SEU DEBUXO e o momento en que se dixo a gañadora.